Programa: ‘Ecosistema emprendedor na Economía Social 2024’

O Concello de Santiago de Compostela e EspazoCoop colaboran para fomentar o cooperativismo

 

O Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Cooperativas EspazoCoop colaboran na posta en funcionamento do programa `Impulso dun ecosistema emprendedor na economía social´durante 2024, dando continuidade ás liñas de traballo e á alianza que veñen desenvolvendo nos últimos anos.

O programa propón actividades que permiten crear un sistema favorecedor e facilitador do emprendemento cooperativo e da economía social e apoiar a consolidación de cooperativas en funcionamento, entre persoas, profesionais, colectivos e cooperativas da área de Compostela.

Os obxectivos do ecosistema emprendedor na economía social

> Impulsar un ecosistema emprendedor no cooperativismo e a economía social na contorna de Santiago de Compostela.

> Achegar ás persoas prescriptoras de emprego e emprendemento, das diferentes entidades e organizacións, as especificidades, características e vantaxes do emprendemento cooperativo e a economía social.

> Visibilizar e divulgar entre a poboación en xeral os modelos de empresas de Economía Social e o das cooperativas en particular como fórmula de creación de emprego estable e de calidade, fixación da poboación, acceso das mulleres a postos de responsabilidade e limitación da fenda salarial, recuperación de empresas en crise, etc.

> Dar a coñecer o modelo de emprendemento cooperativo a persoas en proceso de busca de emprego, persoas interesadas en incorporarse ao mercado de traballo a través do emprendemento colectivo, grupos promotores de cooperativas, profesionais autónomos interesados en compartir servizos, recursos, investimentos, etc.

> Dar a coñecer cooperativas do Concello de Santiago, fomentando un consumo cooperativo, en empresas con principios e valores da ES.

Programación e accións do convenio

A programación de actividades está distribuída en catro liñas de acción:

> Formación especilaizada | ofrece 4 cursos especializados en materia cooperativa:

Xestión de cooperativas: facturación e fiscal, 26 de xuño; Xestión laboral de cooperativas, 3 de xullo; Intercooperación: poñendo en valor a arte de cooperar, 10 xullo; e Organización e xestión societaria de cooperativas, o 17 xullo.

Os catro cursos ofrecen un total de 20 horas de formación especializada entre os meses de xuño e xullo de 2024.

+ Información, formación especializada: neste enlace

> Xornada Mulleres líderes na economía social | contempla a realización dunha xornada sobre mulleres e liderado en empresas de economía social o 1 de outubro na Casa das Mulleres Xohana Torres.

> Asesoramento a cooperativas e apoio ao emprendemento | asesoramento e acompañamento a persoas interesadas no emprendemento en cooperativa no Concello de Santiago de Compostela. Tamén, con asesoramento a cooperativas en funcionamento para a súa mellora empresarial e societaria.  Este servizo conta cun fondo de 100 h. ata o 15 de outubro.

> Roteiro Cooperativo | desenvolvemento dunha ruta na que visitar cooperativas coa finalidade de dar a coñecer e identificar cooperativas que están presentes, no día a día da cidadanía ao tempo que promocionar o modelo cooperativo, identificándoo con proxectos viables. A realización desta actividade realizarase nos meses de setembro e outubro e contarán con 4 edicións.

+ Información, Roteiro Cooperativo: neste enlace

 

Folleto informativo do programa

Folleto “Ecosistema emprendedor na economía social 2024” neste enlace