Novas cooperativas socias!



Presentamos ás primeiras asociadas a EspazoCoop de 2022, deixamos a súa referencia para coñecelas e que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo ou comercio cooperativo, intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para facer redes no sector cooperativo.

 

 

• UF NEGRA SOMBRA •


O UF é un Café con moita historia na cidade de Vigo que complementa a súa actividade con servizos de libraría e eventos culturais (música, poesía, presentacións de libros, recitais, teatro, charlas…).

Vigo (Pontevedra) | Cooperativa de consumo | Redes sociais : neste enlace


• SACAUNTOS •


SACAUNTOS | Servizos de deseño gráfico, imaxe corporativa, impresión en grande e pequeno formato, servizos editoriais e de autopublicación.

Santiago de Compostela (A Coruña) | Cooperativa de traballo asociado | Web: www.sacauntos.com 


• PROYECTOS Y OBRAS CHAMOMAR •


CHAMOMAR realizan:

  • Reformas e obra nova.
  • Proxectos e rehabilitación de edificación.
  • Informes técnicos.

Vigo (Pontevedra) | Cooperativa de traballo asociado.


• MALA HERBA PRODUCIÓNS •


MALA HERBA PRODUCIÓNS | Produción e elaboración de contidos audiovisuais. Tamén realizan Deseño e Marketing Dixital.

A Coruña | Cooperativa Xuvenil | Redes Sociais: neste enlace


• LEIRANTAS •


LEIRANTAS realizan xestión e dinamización de proxectos para a transición ecolóxica, a mobilidade sostible e a rehabilitación social de espazos e edificios dende criterios de eficiencia enerxética ou restauración ambiental.

Coirós (A Coruña) | Cooperativa de traballo asociado.


• CHARLATANA •


CHARLATANA | Actividades de Produción e Distribución de Artes Escénicas e Música.

Boiro (A Coruña) | Cooperativa de traballo asociado | Web: https://www.charlatana.org


• A MILPA DO SALNÉS •


A MILPA DO SALNÉS

  • Producción ecolóxica de hortalizas e millo autóctono galego.
  • Procesamento de fariña milla nixtamalizada.
  • Formación en temas de agricultura sostible e medio ambiente.
  • Investigación en temas de agricultura sostible e medio ambiente.

Meaño (Pontevedra) | Cooperativa de traballo asociado | Redes Sociais: neste enlace|

Web: http://www.amilpadosalnes.com/


• ÁS DO SOCIAL •


ÁS DO SOCIAL | Prestación de servizos de socieducativos, intervención familiar, acompañamento emocional, e impartición de formación vinculada cos mesmos.
  • Impartición de formación regrada e non regrada nos ámbitos da educación social.
  • Deseño, execución e avaliación de programas e obradoiros de crecemento persoal, así como de proxectos socioeducativos.
  • Xestión de centros onde se realicen servizos de intervención socieducativa, familiar e acompañamento familiar. Así como os servizos vinculados aos mesmos.
  • Investigación, innovación e acción social.
  • Xestión, coordinación e dinamización de equipamentos sociocomunitarios e de servizos á comunidade.
  • Creación e edición de materiais educativos.

A Coruña | Cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro.


• VAL DE MUÍÑOS •


VAL DE MUÍÑOS | Gandeiría intensiva de produción leiteira.

O Saviñao (Lugo) | Cooperativa de traballo asociado.


 

Grazas a sumarte somos a maior rede de cooperativas en Galicia, fai click #SumaCoops

Que podemos facer por ti?, fai click Asóciate!