Monique Leroux será a nova presidenta da Alianza Cooperativa Internacional os próximos dous anos.

A dirixente canadiense resultoru electa trala votación desenvolvida durante a Asemblea Xeral da ACI o 13 de novembro en Antalya, Turquía.

Foi elixida para completar os dous anos restantes do mandato orixinal da presidenta saínte, Dame Pauline Green, que anunciara o seu retiro anticipado, despois de seis anos de servizo no movemento cooperativo.

Moquique Leroux convértese na segunda muller que alcanza a presidencia da ACI, despois da súa predecesora. Na súa campaña previa afirmou que creía  “na capacidade da ACI e do movemento cooperativo mundial para estar cerca das súas integrantes, exercer o seu liderato en canto aos grandes desafíos globais, e contribuír ao crecemento e desenvolvemento das cooperativas no mundo”.