O vicepresidente da Confederación Española de Cooperativas de Trabajo (COCETA), o andaluz Manuel Mariscal, foi reelixido presidente de CICOPA, a organización Internacional de cooperativas industriais e de servizos. Renova desta forma o mandato outorgado polos membros de CICOPA en novembre de 2011.

Para Mariscal é importante destacar o papel das empresas propiedade das persoas traballadoras, as cooperativas de traballo asociado, e a necesidade de seguir o camiño da intercooperación.

Tamén destacou a necesidade de seguir traballando na promoción das cooperativas de traballo e cooperativas sociais entre a xuventude como unha das prioridades para os próximos catro anos. “O traballo desenvolto polas cooperativas de traballo e cooperativas sociais é cada vez máis coñecido, temos a responsabilidade de difundir o noso modelo económico aínda que de forma máis intensa”, insistiu Manuel Mariscal.

A Asemblea Xeral de CICOPA, onde foi elixido Mariscal, levouse a cabo en Antalaya, Turquía, coincidindo coa Asemblea Xeral da Alianza Cooperativa Internacional (ACI).

 

Para máis información comunicarse co Departamento de Comunicación de Coceta:
Tel: 91.446.9750 | prensa@coceta.coop | www.coceta.coop

A Confederación Española de Cooperativas de Trabajo Asociado (COCETA) é a organización empresarial que representa ás cooperativas de traballo asociado integradas nas Unións, Asociacións e Federacións de Cooperativas de Traballo Asociado que existen nas 17 comunidades autónomas de España.
COCETA é a organización con maior número de empresas da economía social integrada en CEPES.