Ponse en marcha unha nova edición do Proxecto Semente, no que Ugacota segue a colaborar co Concello de A Coruña nas tarefas formativas. Destínase a fomentar o espíritu emprendedor cooperativo nos nenos e nenas de entre 8 a 11 anos; dos centros educativos da cidade da Coruña.
Cada grupo participante no proxecto crea e xestiona unha empresa, baixo a forma dunha cooperativa, escolle e nomea aos seus representantes e elabora os produtos simulando a realización dos trámites que realiza calquera empresa real: elaboración dos estatutos, solicitude do CIF, solicitude de licencia para a venda…. Da mesma maneira o alumnado decidirá o capital inicial e os produtos a elaborar.
Coincidindo co fin do curso académico, o proxecto péchase coa venda dos productos realizados nun Mercado Escolar.
SEMENTE proporciona, neste sentido, un contexto práctico no que traballar de forma transversal algunhas das materias que se traballan na escola, como son: lingua española, lingua galega, matemáticas, coñecemento do medio, plástica, informática; ao tempo que achega o mundo da empresa e as relacións laborais aos primeiros niveis educativos, favorecendo o desenvolvemento de competencias e adquisición de coñecementos e hábitos vinculados á cultura emprendedora e ao cooperativismo.
Este ano 12 Colexios, 21 cooperativas e cáseque 400 cativos/as participan no Proxecto.