O día 8 de Marzo celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Muller, o que nos convida a visibilizar, con máis forza que nunca, o papel fundamental da muller no desenvolvemento económico e social do mundo. Co convencemento de que o modelo empresarial cooperativo é a plataforma ideal para que as mulleres teñan acceso a unha democracia participativa, a postos de deción, aos mercados e á tecnoloxía, derrubando as barreiras da desigualdade.

Ugacota quere conmemorar esta data felicitando, de xeito especial, a tódalas mulleres que traballan no cooperativismo e para o cooperativismo. Ao tempo que nos sumamos ao Manifesto elaborado pola Confederación de cooperativas de traballo asociado-COCETA, da que formamos parte, e vos facilitamos algúns datos de interese que avalan, a importacia das mulleres no cooperativismo e do cooperativismo, para as mulleres.

Descarga: Manifesto do día da muller

Descarga: Mulleres nas Cooperativas de Traballo Asociado