Mergulla dende a Escola
Unha viaxe ao mundo submarino de Galicia

 

A cooperativa 13 Graos -Educación Ambiental para a Divulgación e Conservación do Medio Mariño- lanza unha proposta de obradoiros destinados aos colexios cooperativos da Union de Cooperativas EspazoCoop. A través deles difundirán e educarán sobre o medio mariño de Galicia entre a comunidade educativa.

  • Datas: A realizar durante durante o curso 2022 – 2023.
  • Dirixido a: Alumnado de Educación Primaria.
  • Localización: Trasládanse aos Centros Educativos con todo o material necesario e, a través de dinámicas participativas e recursos visuais (vídeos, fotografías e ilustracións), percorren o mundo submarino da costa galega.
  • Duración: 1 h. 30 m. de proxeccións, xogos e explicacións sobre a vida no mar e a súa conservación, que se pode levar a cabo nunha aula grande para varios cursos.

Para consultar a súa Proposta fai clic aquí >> Mergulla dende a Escola

Se o voso centro de ensino ten interese en saber máis, contactade con 13 Graos, do 30 de Maio ao 17 de Xuño de 2022, mediante consultas telefónicas ou xuntanzas en liña explicarán os detalles e informarán sen compromiso: 13gradosvigo@gmail.com –  666457285 (Silvia).