Mensaxe da ACI polo Día Internacional do Cooperativismo 2020

Cooperativas para a acción climática

O tema do Día Internacional das Cooperativas de 2020 é AS COOPERATIVAS E A ACCIÓN POLO CLIMA. Invitamos á comunidade cooperativa de todo o mundo a seguir impulsando accións para loitar contra o cambio climático. Esta situación crítica pone en perigo a vida e o sustento de miles de persoas e destrúe ecosistemas vitais para os seres humanos e para o planeta.

“A nosa casa común está en perigo. Hai modos de producción e consumo que agreden constantemente á Naturaleza. Non é moito o tempo que temos para revertir esta situación. Debemos actuar agora, cos nosos valores e principios como bandeira, para amosar a escala global que é posible desenvolver unha economía con inclusión social e protección dos recursos naturais,” dixo Ariel Guarco, presidente da Alianza Cooperativa Internacional.

Por elo, convidámoste a unirte a nós o próximo 4 de xullo de 2020, para axudarnos a crear conciencia sobre a necesidade de loitar contra o cambio climático. Ningún país queda á marxe desta crisis. As emisións de gases de efecto invernadeiro son un 50% máis elevadas que en 1990. Ademais, o quentamento global está provocando cambios permanentes no sistema climático, cuxas consecuencias poden ser irreversibles se non se toman medidas urxentes de inmediato.

Continúa lendo a Mensaxe da Aci neste enlace

#Coops4ClimateAction

#CoopsDay