Manifesto da CECOP para as eleccións comunitarias de 2024: as cooperativas empoderan ás traballadoras, reindustrializan e innovan en beneficio de todos

 

 

Con motivo das próximas elección europeas CECOP lanza un manifesto de demandas e prioridades.

A Confederación Europea de Cooperativas Industriais e de Servizos (CECOP) representa a 40.000 cooperativas de traballo asociado e de servizos en toda Europa, que á súa vez empregan a 1,3 millóns de persoas. As súas cooperativas réxense por principios democráticos e están fortemente arraigadas nas súas comunidades, reinvertíndoas a maior parte dos seus beneficios para garantir a sustentabilidade das súas actividades.

As cooperativas industriais e de servizos empoderan ás persoas traballadoras, reindustrializan e innovan en beneficio de todos.  Democratizan o lugar de traballo, responden aos retos sociais e experimentan con novas formas de emprendemento baseadas na  mutualización e a solidariedade. Son o tipo de empresas e socios que necesita unha Europa social e verde.

Pero tamén necesitan que a Unión Europea elimine as barreiras e desbloquee o seu potencial para construír unha Europa máis forte e xusta, un crecemento económico sostible e unha cohesión social.

As cooperativas industriais e de servizos acordaron as súas prioridades para o mandato 2024-2029:

Fai clic: Manifesto do CECOP Eleccións Europeas

Emprego e Inclusión Social | Emprendemento | Crecemento Sostible