Unha publicación de Reas Euskadi, realizada por Santiago Lesmes (Xurista especializado en CPSR) e Leire Álvarez (Técnica de Reas Euskadi).
Nela, ademais de conceptos e fundamentos da CPSR, poderedes atopar información sobre a incorporación de cláusulas sociais na licitación de contratos públicos, en cada unha das fases. Por último, contén un apartado de instruccións e acordos xerais.
A nova Directiva de Contratación Pública 2014/24/UE, aprobada polo Parlamento Europeo e o Consello, sinala que “a contratación pública desempeña un papel clave na Estratexia Europa 2020, sendo un dos instrumentos basados no mercado que deben empregarse para conquerir un crecemento intelixente, sostible e integrador, garantindo ao mesmo tempo un uso máis eficiente dos fondos públicos, facilitando a participación das pequenas e medianas empresas na contratación pública e permitindo que os contratantes empreguen mellor a contratación pública en apoio de obxetivos sociais comúns”
Descarga aquí : Guía REAS-Contratación Pública Socialmente Responsable-2014
Na presentación desta Guía deféndese que :
A nova directiva zanxa as disquisicións sobre a legalidade das cláusulas sociales, calquera oposición técnica ou xurídica carece xa de sentido e é imprescindible que as nosas administracións públicas utilicen os seus contratos como eficaces instrumentos de loita contra a exclusión social, de xeración de emprego de calidade, de impulso da igualdade efectiva de homes e mulleres e de preservación do medio ambiente, sempre pero especialmente na actual situación de crise económica e social.
A Guía está elaborada por:
Reas Euskadi (Rede de Economía Alternativa e Solidaria), e financiada pola Axencia Vasca de Cooperación para o Desenvolvemento, e o Goberno Vasco, no marco do proxecto Artellamento de mercados sociais e promoción do consumo responsable na CAV.