GALICIA ECONOMÍA SOCIAL CREATIVA EN ZINC SHOWER
MADRID, 8 E 9 DE MAIO
Grazas ao apoio da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Xunta de Galicia; e o Consello Galego de Cooperativas a través da Rede Eusumo, este ano estaremos presentes outra vez no Meeting show da Economía Creativa e Colaborativa, ZINC SHOWER 2015, no Matadero de Madrid o 8 e 9 de maio dentro dun programa con máis de 120 actividades relacionadas co emprendemento, a tecnoloxía, as tendencias, a creatividade, a innovación, a economía colaborativa e o crowdfunding; onde se dan cita emprendedores, inversores, profesionais de todos os ámbitos, institucións públicas e privadas, PEMES, patrocinadores, estudiantes e medios de comunicación. Dous días cheos de actividades formativas, zonas expositivas e miles de profesionais onde participaremos co seguinte

Programa de actividades

Venres_8 de Maio 

13:00-14:30h / TALLER #ZINCLAB 

Dinamizar – Empoderar – Dinami(t)ar: como activar procesos colectivos_XENEME 

Este obradoiro aborda as formas en como as comunidades e organizacións enfróntanse aos retos e de como se poden usar eses procesos como disparadores do cambio e o emprendimiento social. Traballarase sobre o proceso D-E-D(t) para descubrir as súas claves, as súas utilidades e as súas fontes e veranse exemplos de comunidades e analogías con outras disciplinas. Desde unha aprendizaxe vivencial, neste taller elaborarase unha boa potaxe de ideas e experiencias compartidas para alimentar o espírito do emprendemento social.

Venres_8 e sábado_9 de Maio

TODO o día DE forma INTERMITENTE / Stand do Consello Galego de Cooperativas, área ZINC PRO 

PROTESTÓDROMO 7H
Pódese dicir máis alto pero non máis claro. 

Baseándonos na idea do protestódromo de Cuba, pretendemos dinamizar a actividade das casetas poñendo a disposición de todo o que pase por alí e queira participar, un megáfono e unha peana á que subirse para protestar. A nosa idea é a de fotografar aos participantes cun bocadillo con diferentes frases de protesta relacionadas co ámbito cultural, dando un toque ameno á actividade.

Sábado_9 de Maio 

13:10-13:30H / Stand del Consello Galego de Cooperativas, área ZINC PRO 

Que comen os músicos para ser creativos? 

Falaremos dos seus pratos favoritos? Quizá, pero o que realmente queremos é compartir contigo uns minutos, mentres paladeamos un delicioso queixo de tetilla, para atopar fórmulas de colaboración se a túa idea ou negocio está relacionada coa música. 10D10 somos unha axencia de representación de artistas de A Coruña, onde tamén xestionamos a programación dunha sala de concertos, Mardi Gras, con máis de 1.600 bolos sobre as súas táboas.

19:00-20:00H / Nave 16: Zinc School 

Zinc Talk_PECHA-KUCHA 

PRESENTACIÓN_7H COOPERATIVA CULTURAL 
Apoiándose nos valores cooperativos nace 7H, unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro vinculada ao sector das industrias culturais, que ten como obxectivo acoller aos profesionais que desexen formar parte dunha comunidade activa e creativa.

Se queremos, podemos_INPREGA 
O obxectivo dos nosos talleres é a mellora da empleabilidad das persoas que participan, nesta presentación trataremos de mostrar que é o que facemos, como o facemos e para que o facemos.

TIRA DO CABLE_O CABLE INGLÉS 
O Cable Inglés Cooperativa Cultural presenta o seu proxecto social Tira do Cable concibido como un proceso de reconstrución da memoria histórica aberto á participación cidadá para recuperar testemuños e documentos da comunidade británica asentada en Vigo tras a chegada da Eastern Telegraph Company á cidade.

Sira e o Robot. Adventures on Titán_REXENERANDO 
É un espectáculo músico-teatral, baseado no libro-disco do mesmo título, que propón unha aproximación lúdica e didáctica ao inglés desde o galego. Dentro dun contexto de convivencia lingüística no que tamén se inclúen idiomas como o chinés, o francés ou o alemán.