A Voz de Galicia, no seu especial “Empresas” do pasado Domingo 3 de Maio, facíase eco do proxecto de intercooperación que están a levar a cabo as cooperativas Pulponor, S.Coop. Galega e O canto da Balea, S.Coop. Galega, ambas asociadas a UGACOTA e que distribúen a marca Polbo de Lonxa.

Con este proxecto ámbalas dúas cooperativas colaboran e se complementan para poñer no mercado polbo de alta calidade da costa da morte,  cun sistema de trazabilidade completo que permite ao consumidor coñecer a súa orixe e recorrido, sen aditivos, auga, nin engorde artificial.

Xa teñen distribución en Madrid e esperan acadar en breve acordos para distribución en Asturias, A Rioxa e no punto de mira Barcelona, Ibiza e Sevilla entre outras.

Desexámoslle á mellor das sortes a esta iniciativa de intercooperación.