EspazoCoop participa na Feira de Ideas 2025 do Concello da Coruña
Un ano máis Inicia, o proxecto de difusión da cultura emprendedora, organiza a Feira de Ideas no Fórum Metropolitano da Coruña o vindeiro luns 31 de marzo a partir das 10 h.
A Unión de Cooperativas EspazoCoop , que participa na Feira deste ano, intervirá nas actividades da tarde e na entrega dos Premios Formación para Emprender. Trátase dun evento impulsado dende o Concello da Coruña.
A Feira está aberta ao público xeral e desenvolverase co seguinte programa:
10:00-14:30 h Feira de Ideas.
16:00h Xornada Inicia:
Presentación e moderación da xornada: Fran Rei e Corina Mañá
Relatorios da xornada:
Brais Hathiramani Barran e Luisanny Lara Martínez Skomb-by-Tex (industria textil)
Pablo Visos Sherlook (infraestructura e análise).
Enrique do Rosario Sunwalk Records (produción musical e management)
17:00-18:30 h XVII Premios “Formación para Emprender”
Lugar: Fórum Metropolitano R/ Río Monelos, 1. 15006- A Coruña
Contacto: Servizo de emprego e empresa do Concello da Coruña – empresa@coruna.gal
Emprendemento en centros educativos: Programa Inicia
Inicia é un programa municipal do Concello da Coruña de difusión do espíritu emprendedor entre el alumnado de Centros con ciclos formativos de Formación Profesional e Ensino Especial ubicados no municipio da Coruña. O programa proporciona apoio ao profesorado dos centros participantes, mediante a formación e titorización ao alumnado, ademáis ofrecen premios que premian as mellores iniciativas emprendedoras.
Leave A Comment