UN MODELO DE EMPRESA POLO QUE PAGA A PENA APOSTAR

Extracto da ponencia de D. Juan Antonio Pedreño Frutos, presidente de CEPES (Confederación Empresarial Española de la Economía Social). Encontro Internacional de Cooperativas. Venres 6 de Xullo 2012. Santiago de Compostela

 

ALGÚNS DATOS

A Economía Social Española, representada en CEPES engloba a máis de 45.000.- empresas, 2.350.000.- traballadores (un 14% da forza laboral de España) e un 10% do P.I.B.

Deste volumen, o cooperativismo supón o 50%, con máis de 22.000.- empresas, das que 17.000 son cooperativas de traballo asociado. Agrupan máis de  1.290.000.- socios, dos que 1.000.000.- pertencen ao ámbito agrario e 290.000.- son persoas socias traballadoras. No cooperativismo de traballo asociado destaca o grupo mondragón con 100 empresas e 90.000 traballadores.

Nos últimos 6 anos, desde o comezo da crise no ano 2.007 creáronse en España 6.559.- novas cooperativas que xeraron máis de 59.000.- novos empregos (media de máis de 10.000.- novos empregos x ano).

Só se perderon nese mesmo prazo 1.900.- empregos. 6 puntos menos de destrucción de emprego que a media estatal. Desde o primeiro trimestre do ano 2.008 ata o primeiro trimestre do ano 2.012, o dato era de 10 puntos menos de destrucción de emprego que a media estatal.

O 50% do emprego xerado nas cooperativas é de mulleres.

O 80% do emprego é fixo e estable xa que corresponde as propias persoas socias.

Do 20% restante, o 75% é traballo estable. Persoas contratadas de xeito indefinido.

NINGÚN OUTRO MODELO EMPRESARIAL CONTA CON ESTOS DATOS EN RELACIÓN CO EMPREGO.

ALGÚNS EXEMPLOS

Localidade de OÑATI (Guipuzcoa): 2/3 da poboación traballan en cooperativas. Taxa de desemprego 5%, Renta por cápita superior nun 60% a renta per capita media de Euskadi.

Localidade de BONARES (Huelva): 80% da poboación traballa en cooperativas. Sen desemprego.

Localidade de VILLAMALEA (Albacete): Vencellada ao cooperativismo e con forte implicación do concello por esta fórmula. Sen desemprego.

Localidade de ALHAMA DE MURCIA (Murcia): 90% son cooperativas. E o pobo con menor taxa de desemprego da rexión de Murcia.

 

Pódese seguir a conferencia completa en: http://www.cooperativas2012.coop/gl/encontro-multimedia.asp