[Ecosistema emprendedor na economía social]
Concello de Santiago de Compostela
A Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello de Santiago de Compostela colaboran xuntas a través do programa `Impulsando un ecosistema emprendedor na economía social´que se celebra durante os meses de outubro e novembro deste ano 2021.
O programa propón actividades que permiten crear un sistema favorecedor e facilitador do emprendemento cooperativo e de economía social entre persoas, profesionais e colectivos da área de Compostela, conformado por 4 cursos online, 100 horas de formación, que axuden a xeralo.
Finalidade e obxectivos do programa:
- Impulsar un ecosistema emprendedor no cooperativismo e a economía social na contorna de Santiago de Compostela.
- Achegar ás persoas prescriptoras de emprego e emprendemento, das diferentes entidades e organizacións, as especificidades, características e vantaxes do emprendemento cooperativo e a economía social.
- Visibilizar e divulgar entre a poboación en xeral os modelos de empresas de Economía Social e o das cooperativas en particular como fórmula de creación de emprego estable e de calidade, fixación da poboación, acceso das mulleres a postos de responsabilidade e limitación da fenda salarial, recuperación de empresas en crise, etc.
- Dar a coñecer a persoas en proceso de busca de emprego, persoas interesadas en incorporarse ao mercado de traballo a través do emprendemento colectivo, grupos promotores de cooperativas, profesionais autónomos interesados en compartir servizos, recursos, investimentos, etc. o modelo de emprendemento cooperativo.
O Plan de traballo contempla e aposta por dúas liñas:
1| Por unha banda acción de capacitación dirixida ás persoas e profesionais prescritores de emprego e emprendemento, como axentes de difusión e creación de empresas entre as usuarias dos seus servizos.
2| Por outra banda, accións formativas dirixidas ás persoas interesadas en coñecer ou poñer en marcha proxectos de emprendemento cooperativo e de economía social para formalas e darlles a coñecer a opción de constituír unha cooperativa.
FOLLETO INFORMATIVO, neste enlace
[ Capacitación prescritoras de emprego ]
Esta liña ofrece un curso de tele-formación a persoas relacionadas profesionalmente coa creación de empresas e o emprendemento.
>> Curso de tele-formación
Impulsando un ecosistema emprendedor no cooperativismo e a economía social
| 40 h. | Do 4 ao 30 de outubro de 2021.
>> Destinatarias
Axentes e técnicas de emprego; Axentes de desenvolvemento local e promoción económica; Persoal de asesorías, xestorías e consultorías; Persoal técnico de proxectos de emprendemento; Outras profesionais e público vinculado co apoio, recomendación e prescrición de fórmulas empresariais.
>> Obxectivos
– Dar a coñecer a cooperativa ás persoas dinamizadoras de emprego e emprendemento, como ferramenta de creación de emprego inclusivo, estable e de calidade, de dinamización do tecido sociocomunitario e de fomento do equilibrio e da sustentabilidade territorial.
– Incorporar a empresa cooperativa en procesos de prescrición e recomendación, divulgativos, formativos, de acompañamento, de elaboración de normativa e axudas para a creación de novos proxectos de autoemprego.
>> Temario `Impulsando un ecosistema emprendedor no cooperativismo e a economía social´
Módulo 1.- Análise de necesidades para o desenvolvemento dun ecosistema emprendedor no cooperativismo.
Módulo 2.- Coñecendo as cooperativas: características diferenciadoras.
Módulo 3.- Cooperativas e acceso ao financiamento privado e público.
Módulo 4.- Proceso de constitución e maduración dun proxecto cooperativo.
Módulo 5.-Cando recomendar a cooperativa. Casos prácticos.
>> Metodoloxía
Aula Virtual: o curso desenvolverase na modalidade de tele-formación, na plataforma da Unión de Cooperativas Espazocoop www.aulaespazocoop.com
| Programa | Inscrición |
[ Formación cidadanía ]
A liña de formación á cidadanía ofrece un itinerario de tres cursos de tele-formación, destinados a calquera interesada:
Habilidades para o traballo en cooperativa
| 20 h. | Do 11 ao 24 de outubro 2021
| Programa | Inscrición |
Emprendendo en cooperativa
| 20 h. | Do 27 de outubro ao 10 de novembro 2021
| Programa | Inscrición |
Desenvolvendo a idea cooperativa
| 20 h. | Do 15 ao 29 de novembro 2021
| Programa | Inscrición |
>> Obxectivos do Itinerario
Divulgar entre a cidadanía os modelos de empresas cooperativas e da economía social como vías de creación de autoemprego baseados na xestión democrática e participativa.
>> Temario do curso `Habilidades para o traballo en cooperativa´
Módulo 1.- Achegándonos ao xeito de traballar nunha cooperativa. Habilidades persoais e sociais.
Módulo 2.- A comunicación.
Módulo 3.- O traballo en equipo.
Módulo 4.- A toma de decisións.
>> Temario do curso `Emprendendo en cooperativa´
Módulo 1.- O emprendemento cooperativo.
Módulo 2.- Características das empresas cooperativas.
Módulo 3.- A organización cooperativa.
Módulo 4.- Pasos para a constitución da cooperativa. Presentación dunha experiencia cooperativa.
>> Temario do curso `Desenvolvendo a idea cooperativa´
Módulo 1.- Identifica o teu proxecto cooperativo.
Módulo 2.- Analiza as áreas comercial e de mercado.
Módulo 3.- Estuda a viabilidade económica e financeira.
Módulo 4.- Planifica a área organizativa e os trámites de constitución.
>> Metodoloxía
Aula Virtual: o curso desenvolverase na modalidade de tele-formación, na plataforma da Unión de Cooperativas Espazocoop www.aulaespazocoop.com.