Día do Cooperativismo Galego 2024

 

 

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración comprácese en convidar a vostede ao acto de celebración do Día do Cooperativismo Galego, unha conmemoración que, como cada ano, terá lugar o primeiro sábado de xullo, coincidindo co Día Internacional das Cooperativas, e que este 2024 se proclama baixo o lema “As cooperativas constrúen un futuro mellor para todas as persoas”.

O acto celebrarase o vindeiro día 6 de xullo, ás 12 horas, na sede do colexio cooperativo, C.P.R. Plurilingüe Ángel de la Guarda – Sociedade Cooperativa Galega La Mendoña , en As Mendoñas, s/n, Priegue – Nigrán, Pontevedra.

Convite neste enlace

Pregamos confirmación de asistencia tan pronto como resulte posible e, en calquera caso, antes do día 1 de xullo a través do formulario da nosa web: https://www.cooperativismogalego.com/inscricion2024  ou chamando ao teléfono 604 06 25 06 de luns a venres en horario de 9 a 14.30 h.

Programa: https://www.cooperativismogalego.com/programa

 

Dentro da programación do acto, e como cada ano, entregaranse os premios do “Certame Cooperativismo no Ensino” e os “Premios á Cooperación” que este ano galardoan a 3 cooperativas socias de EspazoCoop :

  • Colexio Mendiño S. Coop. Galega, de Vigo | Accésit do Premio ao mellor proxecto empresarial cooperativo
  • Árbore Consumo Consciente S. Coop. Galega, de Vigo | Premio aos valores cooperativos
  • A Morada S. Coop. Galega, de Vigo | Premio ao mellor proxecto cooperativo novo

Parabéns a todas e tamén á cooperativa A Carqueixa que recibirá o Premio á traxectoria cooperativa.

O evento finalizará cun aperitivo para tódalas persoas asistentes a partir das 13 h. nas instalacións da cooperativa que este ano acolle o acto e que tamén fai parte da Unión, o Colexio Ángel de la Guarda.