CULTSOS, o novo proxecto no que participa EspazoCoop
EspazoCoop, en alianza cun grupo de sete entidades socias participa en CULTSOS: Alianza Estratéxica para o Sector Cultural da economía social, un proxecto que se realizará ata xuño de 2025 e que está financiado polo Plan Integral de Impulso á Economía Social no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
CULTSOS busca impulsar a innovación, a competitividade e a resiliencia do sector cultural a través do fomento da Economía Social e o aliñamento cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030. Desenvolvemento de metodoloxías, ferramentas, solucións e plataformas tecnolóxicas que impulsen as fórmulas da Economía Social no sector cultural.
CULTSOS busca dar resposta aos desafíos actuais do sector cultural, como a atomización, a falta de cooperación, a dificultade de acceso ao financiamento, a dependencia de fondos públicos, a falta de competencias de xestión e a debilidade organizativa.
Ademais, aborda a necesidade de adaptación aos cambios sociodemográficos e a revolución dixital, fomentando a dixitalización e a creación de narrativas aliñadas co desenvolvemento sostible.
CULTSOS diríxese a empresas e profesionais do sector cultural, e os seus desenvolvementos buscan beneficiar ao conxunto da sociedade, facilitando o acceso á cultura, a participación cidadá e a colaboración en proxectos culturais.
As entidades socias de CULTSOS son unha agrupación de 7 entidades: Kultiba S. Coop., Reds, EspazoCoop, Goiena Komunikazio Taldea S.Coop., Mondragón Lingua Alecop S.Coop., Isea S.Coop., e Garapen, que estarán comprometidas cos obxectivos do proxecto entre os que están: fomentar os valores e as figuras da economía social, o asociacionismo, a modernización do sector cultural, sensibilizar sobre o papel prioritario da cultura, ou desenvolver ferramentas e solucións para o sector.
As liñas de acción e actividades que xa están desenvolvendo agrúpanse en 4 eixos:
- ANÁLISE E INVESTIGACIÓN
- METODOLOXÍAS E CONTIDOS
- SOLUCIÓNS E FERRAMENTAS
- DIFUSIÓN E REDES
CULTSOS quere xerar un directorio de empresas do sector cultural do estado, elabora estudos prospectivos en empresas culturais da economía social, en varios ámbitos, desenvolver metodoloxías, manuais, materiais de soporte e contidos formativos para o emprendemento mediante fórmulas de economía social, crear unha ferramenta de autodiagnose para analizar empresas culturais, crear un portal web para apoiar o mecenado cultural, elaborar unha plataforma de punto de encontro, desenvolver unha plataforma de eLearning, organización dun Foro sobre o papel prioritario da cultura, organización de misións comerciais, crear un Observatorio de innovación na cultura, e organizar webinars de intercambio de boas prácticas.
Todos os obxectivos e accións do proxecto buscan crear un ecosistema de colaboración que permita afrontar os desafíos actuais e construír un futuro sostible para a cultura.
Leave A Comment