COORUÑA COOPERA. Unha cidade de cooperativas
No Nadal tamén, consuma responsabilidade
Cada vez hai máis xente que se compromete cun modelo de consumo responsable coa sociedade e co mundo que lle rodea. Un novo xeito de consumir produtos e servizos que respecten o medio ambiente e tamén os dereitos humanos, sociais e laborais das persoas que os elaboran.
As cooperativas forman parte da economía social e son unha alternativa para consumir con responsabilidade. Cada vez con maior presenza na nosa cidade, estas entidades ofrecen produtos e servizos de calidade a prezos xustos, pero ademais:
- Son emprendementos de proximidade, que teñen a súa base social e económica na cidade. Isto favorece o consumo local que deriva nun importante aforro enerxético e na redución de gases de efecto invernadoiro, contribuíndo á loita contra o cambio climático.
- Están baseadas na economía real, redistribuíndo os beneficios económicos de xeito horizontal entre as persoas socias e traballadoras, mellorando a calidade de vida de centos de persoas.
- As cooperativas son unha importante fonte de emprego directo e indirecto de calidade para as nosas veciñas e veciños.
- O tecido cooperativo é a alternativa que permite a participación de negocios máis pequenos, que se unen para poñer en marcha propostas económicas competentes.
- As cooperativas permiten a continuidade da actividade de empresas en crise ou por xubilación ou falecemento do/a anterior propietario/a, dando así nova vida aos negocios tradicionais da nosa cidade.
O Nadal é un momento especial, un tempo para compartir, para regalar, para facer felices ás persoas que nos rodean. E todo iso podémolo facer dun xeito responsable, facendo que o noso consumo teña un impacto positivo na nosa cidade, na nosa veciñanza e no noso planeta.
No Nadal tamén, consuma responsabilidade. Consume nas cooperativas da Coruña.
Segue a Campaña nas nosas redes sociais : Facebook – Twitter
** Máis novas e información da Campaña: Cooruña Coopera
** Preme neste enlace para ver o Folleto da Campaña Cooruña Coopera
**Campaña promovida dende a Unión de Cooperativas EspazoCoop – www.espazo.coop, no marco do Convenio de Colaboración 2019 que EspazoCoop asinou co Concello da Coruña para Promoción do Cooperativismo e a Economía Social.