Sabías que menos do 25% das cooperativas de traballo galegas conta con xerencias profesionalizadas?

¿ Sodes unha cooperativa que quere mellorar e impulsar a área da xerencia ?

¿ Non contades con socias-os cualificadas-os no desempeño da xestión empresarial e directiva da cooperativa?, ou, ¿ non tendes persoal específico para atender este ámbito ? . Se é así,

¿ Gustaríache ter o apoio dunha persoa recén titulada con formación empresarial, durante 6 meses, para realizar funcións xerenciais e mellorar este ámbito ?

As bolsas xerenciais teñen amosado que son un recurso de utilidade, as cooperativas que xa participaron consideraron moi positiva a experiencia. O apoio que deu aos seus proxectos cooperativos, e os resultados do traballo feito polas persoas bolseiras, contribúen a esa valoración. A diagnose feita da cooperativa, as propostas de mellora que se teñen realizado, incluso implementado, e a aprendizaxe mutua no ámbito xerencial que experimentan, fan que lles resulte un instrumento de apoio na evolución empresarial ben interesante. Ata o momento xa foron 26 as cooperativas adxudicatarias de bolsas, e este balance acumulado, lévanos a dar continuidade ao programa e a por en marcha unha nova convocatoria.

UGACOTA abre unha nova convocatoria de ” Bolsas Xerenciais en Cooperativas” , un recurso de carácter GRATUÍTO.

En colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, Ugacota convoca o Programa de Bolsas Xerenciais en Cooperativas 2014, un programa que se marca como obxectivo dar resposta a unha carencia, presente nunha parte importante das cooperativas galegas, como é a baixa porcentaxe de xerencias profesionalizadas. Unha situación que afecta negativamente ás posibilidades de crecer e consolidarse da empresa. Ugacota ofrece 3 bolsas nesta convocatoria de 2014. Se queres consultar e valorar esta iniciativa, fai clic aquí : Convocatoria Bolsas Xerenciais en Cooperativas

¿ Como formalizar a túa demanda ?

1.- Cumprimenta e envía escaneada a solicitude ao e-mail : nuria@ugacota.coop. Fai clic aquí: Solicitude
2.- Cumprimenta o formulario de datos da túa cooperativa e dalle á opción de “enviar”. Fai clic aquí:Formulario de datos 

Prazo de solicitude :
14/05/2014

Máis información: 986 13 65 92 – nuria@ugacota.coop (UNIÓN DE COOPERATIVAS DE TRABALLO ASOCIADO UGACOTA )