Unha vez que unha cooperativa comenzou a súa andaina chega o reto de consolidala. Este reto é un desafío, especialmente para as cooperativas máis pequenas. Pensando nelas, COCETA creou Consolida.coop: unha ferramenta de autodiagnose que ten o obxetivo de axudar a avaliar o nivel de consolidación de diferentes áreas da actividade dunha cooperativa. Para obter unha primeira valoración global é preciso rexistrarse, para o cal só se pide o nome da cooperativa e o correo electrónico de contacto. Despois énchese un breve cuestionario de 24 preguntas. Ao finalizalo, xerará un gráfico que representa o nivel de consolidación da cooperativa. As persoas interesadas en afondar na autodiagnose dalgunha das oito áreas de consolidación que ten en conta Consolida.coop, deben cumplimentar un novo cuestionario máis detallado para cada unha delas. As respostas xerarán un pequeno cadro de mando que servirá de orientación para futuras accións de consolidación. Ir ao sitio de consolida.coop premendo no enlace.
Nuria2014-02-18T16:05:02+01:0017/02/2014|Novas do cooperativismo|Comentarios desactivados en Consolida.coop, unha ferramenta dixital para consolidar unha cooperativa