Amtega organiza o Seminario de formación: Community Manager, o martes 4 de Novembro de 2014, de 16.45 a 20.15.
Lugar: Aula CeMIT do Centro Cívico de Eirís. R/ Terranova de Eirís, nº 7 A Coruña (Coruña, A).
Retransmisión por Streaming.
Destinatarios:
Directivos/as, responsables comerciais e de mercadotecnia e, en xeral, todas as persoas que desexen pór en marcha un proxecto de comercio electrónico.
Descrición
As empresas e autónomas/os coñecerán dunha maneira práctica a nova contorna dixital, así como un esquema para desenvolver un social media plan. Por outra banda, coñecerán onde e como se desenvolve a conversación e aprenderán a manexar e aproveitar as ferramentas 2.0 para facer valer a función do community manager.

Fai clic : Información e programa