Actos para celebrar os 30 anos da entidade
A vicepresidenta de COCETA, Malena Riudavets, foi a encargada de presentar o lanzamiento da imaxe e os actos dos 30 anos da entidade, coincidindo coa celebración da Asemblea Xeral 2016, o 3 de xuño.
Coceta naceu en 1986, con carácter confederal e multisectorial. “Cumprir 30 anos é sinónimo de persistencia e integridade”, indicou Riudavets. “Afróntase con ilusión e frescura, como o primeiro día”.
Nos seus 30 anos de traxectoria, COCETA configurouse como unha organización empresarial desde a que se realiza representación, coordinación, promoción, información e formación das cooperativas de traballo.
Por exemplo, a entidade foi incentivadora de reduccións e bonificación das cotas á seguridade social para persoas con discapacidade, víctimas da violencia de xénero e de terrorismo, aplicables a ós/ás socios/as. Tamén incentivou a ampliación da capitalización por desemprego para as persoas desempregadas; e máis recentemente da aplicación a cooperativas dos incentivos do Programa de Fomento e Impulso da Economía Social 2015-2016; e das medidas que incorpora a Lei de Mecanismo de Segunda Oportunidade.
Durante o Almorzo de Prensa presentouse a imaxe de COCETA, no seu 30 Aniversario. A mesma foi creada pola cooperativa valenciana Collage-no; unha empresa formada en 1992 por diseñadoras recén saídas da Universidade, exemplo de que outro modo de facer empresa é posible, desde a xuventude.
Durante este ano estase levando a cabo unha serie de actividades, conferencias, xornadas e seminarios en diferentes partes de España. Convocouse un Concurso de Vídeo escolar –cuxos ganadores/as revelaranse este mes en Valencia-; e se convocarán tamén tres concursos máis, premiando ao mellor ensaio literario, ao mellor artículo científico e ao mellor artigo periodístico relacionado con cooperativas de traballo.
Ademais, COCETA pediu audiencia na Casa Real, e a pedirá na nova presidencia de España, así como no Parlamento e os gobernos autonómicos. A súa vez, está preparando un Libro conmemorativo do 30 Aniversario, un vídeo sobre cooperativas de traballo e a publicación dun novo número da súa publicación Muller e Cooperativismo.