• Dende 2008, cando comezou a crise, creáronse 75 puntos porcentuais máis de cooperativas. E delas, o 77,4% son cooperativas de traballo asociado. 
  • COCETA, a organización representativa das cooperativas de traballo en España, cumpre este ano o seu 30 Aniversario; e o festexará con moitas actividades e concursos durante todo o ano. Coincidindo coa Asemblea de Coceta, lanzou unha campaña coa nova imaxe.
  • Durante estos 30 anos, COCETA foi peza fundamental no desenvolvemento do cooperativismo español, e é clave no movemento europeo e mundial.

2015 foi, como nos últimos anos, un bo período para o cooperativismo de traballo. Creáronse 8.533 primeiros empregos en cooperativas novas. En perspectiva, desde 2008, cando comezou a crise, creáronse 75 puntos porcentuais máis de cooperativas. E de elas, o 77,4% son cooperativas de traballo asociado.

En 2015, respecto a 2014, creáronse un 4% máis de cooperativas de trabajo. Trátase de empresas que resisten a crise moito mellor que outro tipo de empresas. Segundo os datos do Ministerio de Emprego, as cooperativas de traballo destruíron 12 puntos menos de emprego que outros sectores empresariais.

Estos datos foron proporcionados nun almorzo de prensa o venres 3 de xuño pola Confederación Española de Cooperativas de Trabajo Asociado (COCETA), que levou a cabo a súa Asemblea Xeral en Murcia e o lanzamento dos actos do 30 Aniversario da organización.

En Galicia

Entre os datos proporcionados no dossier á prensa, na comunidade galega a 31 de decembro de 2015 hai :

  • 923 cooperativas en situación de alta na seguridade social (unha variación á alta dun 3% respecto ao 2014)
  • 9.282 ocuapadas/os (unha variación á alta dun 3,1 % respecto ao 2014)
  • 65 cooperativas de nova creación no 2015
  • 298 empregos iniciais en cooperativas no 2015

Coceta é a entidade representativa do Cooperativismo de Traballo de España. Representa a 17 organizacións autonómicas (entre elas está UGACOTA en Galicia), e a 17.054 cooperativas de traballo asociado con 301.867 socios/as en alta na Seguridade Social.

“Non hai outra organización no mundo do asociacionismo que tenga máis representatividade a nivel mundial que Coceta”, indicou o presidente de COCETA, Juan Antonio Pedreño. COCETA ostenta, entre outras, a presidencia de CICOPA, organización que aglutina ás cooperativas de traballo de todo o mundo; a vicepresidencia de CECOP, a súa homóloga europea; e a presidencia de Social Economy Europe, entidade que representa á economía social europea. A nivel español, Pedreño tamén preside a economía social, aglutinada en CEPES.

O modelo empresarial cooperativo está basado na súa xestión participativa e democrática, que pon a persoa como eixo central da súa actuación empresarial. Trátase de empresas diferentes doutras fórmulas empresariais.

COCETA e as súas organizacións territoriais traballan enerxicamente para a xeración de proxectos emprendedores. Orienta a súa actividade e actuacións á creación de emprego, o seu mantemento e incremento, a través das cooperativas de traballo.

O emprego xerado en cooperativas de traballo é un emprego estable e de calidade. “O 80% dos contratos son indefinidos”, explicou Pedreño. “Por tipo de contrato, o 82% dos contratos é a xornada completa”.

Nas novas cooperativas hai unha incorporación masiva de xóvenes ás cooperativas. En moitas partes de España, o 80% son menores de 35 anos.

Por outro lado, as cooperativas de traballo españolas destacan pola súa capacidade de recuperar o emprego a través da recuperación de empresas en crise. De feito, España é o primeiro país europeo en recuperacións: só en 2015 reconvertíronse cerca de 40 empresas, co consecuente mantemento de empregos, que doutra forma teríanse destruído.

As previsións son tamén boas. Os membros de COCETA estiman que a pesar da continuidade da crise, de aquí a fin de ano poderíanse crear 1.500 novas cooperativas, 10.000 novos empregos e un 35% incremento con respecto de 2015.

Políticas públicas

COCETA elixiu Murcia para celebrar a súa Asemblea Xeral, en parte en agradecemento ás políticas públicas de apoio ao cooperativismo que houbo na rexión. “Temos a tranquilidade de que todos os partidos políticos na Rexión de Murcia expresaron o seu apoio ao cooperativismo e á Unión de Cooperativas Murcianas de Traballo Asociado (Ucomur)”, dixo Pedreño.

As perspectivas son boas a nivel estatal. “As nosas propostas están sendo recollidas polos partidos e incluso recorren a nós para elaborar medidas dos programas”, explicou. “Para o próximo Goberno, a importancia do cooperativismo debe facerse presente para que este esté representado onde se constrúen todas as políticas de emprego”.

COCETA busca unha maior representación nas institucións: unha secretaría de Estado da Economía Social e a inclusión de cláusulas sociais. Ademais, solicita que se eliminen trabas que dificultan o nacemento e crecemento de empresas cooperativas; e que haxa un desenvolvemento efectivo do Plan de 32 medidas de apoio á economía social, xa aprobadas en España.

Ademais, COCETA reclama maiores dotacións orzamentarias, medidas e propostas reais por parte dos partidos políticos. “Cando a xente escoite dos responsables políticos que existe un consenso a favor do cooperativismo e a economía social, saberá da súa importancia e eso pode ser moi importante”, concluíu Pedreño.

A Asamblea Xeral

Como mostra de apoio ás cooperativas de traballo, o presidente da Comunidade Autónoma de Murcia, Pedro Antonio Sánchez, estivo presente na Inauguración da Asamblea Xeral de COCETA. “Sen a economía social a crise tería sido máis dura”, remarcou Sánchez. “As cooperativas de traballo amosaron un compromiso, onde os problemas individuais convertíronse en problemas de todo o conxunto, e eliminouse a individualidade. As cooperativas de traballo foron importantes, e o serán, nos próximos pasos. As cooperativas son empresas claves, dan á empresa unha visión que aporta o compromiso e a democracia, poñendo á xente no centro”.

Durante a Asemblea, tivo lugar unha conferencia de Ángel López Naranjo, experto en marketing e director de Target Business School, quen se referiu á importancia do positivismo e a comunicación dentro da empresa.

No acto de clausura participou a Conselleira de Educación da Rexión de Murcia, Maria Isabel Sanchez-Mora Molina, quen se referiu ao apoio do seu goberno ás cooperativas, empresas que levan implícita a Responsabilidade Social Corporativa. En Murcia, así como en moitas outras rexións de España, as cooperativas de ensino forman unha parte importante do cooperativismo de traballo.