Chega a Asemblea 2023 da Unión de Cooperativas EspazoCoop: con eleccións ao Consello


Asemblea 2023 de EspazoCoop | Mércores 14 de Xuño 2023 – No Hotel Puerta del Camino

R/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n,  (Barrio de San Lázaro). Santiago de Compostela

Hora: 9.30 h. primeira convocatoria – 10.00 en segunda convocatoria.


 

Celebramos a Asemblea 2023 da Unión de Cooperativas EspazoCoop.

A presidenta de EspazoCoop, previo acordo do Consello reitor, convoca ás cooperativas socias á Asemblea xeral o mércores 14 de Xuño. A primeira convocatoria é ás 9.30 horas e segunda ás 10.00 horas.

Como cada Asemblea, repaso da “Xestión Social 2022”, aprobación das contas e distribución dos resultados económicos. Tamén, o “Plan de Xestión 2023” e as cotas asociativas deste ano serán presentadas para debate e aprobación.

NA ASEMBLEA DESTE ANO, ELECCIÓNS AO CONSELLO REITOR

Este ano destacamos que a orde do día abrirá co desenvolvemento do Proceso Electoral en EspazoCoop para a elección do Consello Reitor para o período 2023-2027:

Finalizado o mandato do actual Consello Reitor (2019-2023), a Asemblea xeral convocada para o mércores 14 de xuño de 2023, procederá a elixir as persoas do órgano de xestión da Unión de Cooperativas EspazoCoop, entre as candidaturas recibidas e informadas previamente, á base social.

Polo que dende o día 24 de maio ata o 8 de xuño estará aberto o prazo de recepción de candidaturas para optar a cargos no Consello Reitor.

> Convocatoria neste enlace // Inscrición neste enlace // Documentación da Asemblea neste enlace  (espazo restrinxido a socias, se non contas coa clave, contacta e facilitámoscha)

Despois de finalizar a Asemblea de EspazoCoop ás 11.30 h., compartiremos o resto da mañá coas entidades do Foro pola Economía Social Galega (Agaca, Aesgal, Aeiga, e Cegasal) que tamén realizan as súas asembleas o mesmo día no Hotel Puerta del Camino.  A partir das once e media ofrecerase un Café e a continuación desenvólvese o Acto conxunto do Foroesgal cunha Mesa Redonda sobre “O Marketing e a Comunicación nas Empresas. Os valores da economía social son un factor de competitividade?”. Despois, representantes institucionais clausurarán e remataremos cun Xantar. Ás 14.15 h. compartiremos o Xantar de petiscos para confraternizar a “familia” cooperativa e da economía social galega, na que tamén se posibilitará o intercambio, o coñecemento mutuo ou as relacións de networking.

Vas a perdelo? Consulta a orde do día, a documentación e inscríbete!

Gustaríanos contar contigo.

[Nota: Se non contas coa clave de acceso habitual ao contido restrinxido a socias, contacta con nós para facilitarcha.]