Chega a Asemblea 2023 da Unión de Cooperativas EspazoCoop: con eleccións ao Consello
Asemblea 2023 de EspazoCoop | Mércores 14 de Xuño 2023 – No Hotel Puerta del Camino
R/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n, (Barrio de San Lázaro). Santiago de Compostela
Hora: 9.30 h. primeira convocatoria – 10.00 en segunda convocatoria.
Celebramos a Asemblea 2023 da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
A presidenta de EspazoCoop, previo acordo do Consello reitor, convoca ás cooperativas socias á Asemblea xeral o mércores 14 de Xuño. A primeira convocatoria é ás 9.30 horas e segunda ás 10.00 horas.
Como cada Asemblea, repaso da «Xestión Social 2022», aprobación das contas e distribución dos resultados económicos. Tamén, o «Plan de Xestión 2023» e as cotas asociativas deste ano serán presentadas para debate e aprobación.
NA ASEMBLEA DESTE ANO, ELECCIÓNS AO CONSELLO REITOR
Este ano destacamos que a orde do día abrirá co desenvolvemento do Proceso Electoral en EspazoCoop para a elección do Consello Reitor para o período 2023-2027:
Finalizado o mandato do actual Consello Reitor (2019-2023), a Asemblea xeral convocada para o mércores 14 de xuño de 2023, procederá a elixir ao vindeiro órgano de xestión da Unión de Cooperativas EspazoCoop, entre as candidaturas recibidas e informadas previamente, á base social.
Polo que dende o día 24 de maio ata o 8 de xuño estará aberto o prazo de recepción de candidaturas para optar a cargos no Consello Reitor.
> Convocatoria neste enlace // Inscrición neste enlace // Documentación da Asemblea neste enlace (espazo restrinxido a socias, se non contas coa clave, contacta e facilitámoscha)
Vas a perdelo? Consulta a orde do día, a documentación e inscríbete!
Gustaríanos contar contigo.
[Nota: Se non contas coa clave de acceso habitual ao contido restrinxido a socias, contacta con nós para facilitarcha.]