Cestola na Cachola, é unha cooperativa que entre as súas liñas de actividade, traballa o concepto de Moda Ética, falamos de roupa e complementos de nova creación producidos de xeito ético e ecolóxico, e ademais esto ligado ao consumo responsable, outro valor que promocionan no seu quefacer.
A través da pintura e a ilustración realizada polos seus socias/os realizan deseños propios para roupa, pintados a man, ou mediante a técnica de serigrafía, ademais tamén traballan por encargo.
Cestola dispón de Tenda Online, podes acceder ao seu Catálogo de moda aquí, nel atoparás prendas como o último modelo de camiseta que veñen de incorporar : a Cestola Zapatista , que como outras prendas emprega o algodón 100% ecolóxico e están certificadas.