A sinatura deste Convenio permitirá que os socios de CEPES podan acceder en condicións favorables ao financiamento para favorecer a creación de empresas, o anticipo de subvencións, a internacionalización, as inversións e achegas ao capital.
Ugacota é membro de Cepes a través de Coceta, polo que as cooperativas de traballo socias tamén serán beneficiarias deste Convenio.
O acordo foi asinado en Madrid polo presidente de CEPES e o presidente do Banco Cooperativo Español.
O obxetivo principal do acordo, que terá un prazo dun ano prorrogable, será atender as necesidades financeiras das empresas do ámbito de CEPES a través dunha amplia gama de servizos e produtos bancarios en condicións preferentes, así como establecer liñas especiais de financiamento.
As Caixas Rurais asociadas ao Banco Cooperativo, facilitarán, grazas ao convenio, condicións preferentes en función do produto, do prazo da operación e da capacidade crediticia do cliente.
Fai clic para leer a nova completa: http://www.cepes.es/noticia=397