Cuestionario | As cooperativas socias en datos | 2020

 

  • Esta dispoñible o novo cuestionario on line para actualizar datos das asociadas.
  • Como resultado obteremos a ‘fotografía’ da Unión na actualidade.

Con este formulario queremos recoller datos e información das cooperativas socias para contar cunha ‘fotografía’ do que somos en diversos aspectos, para mostrar o impacto económico e social das cooperativas galegas integradas na Unión.

Dispor de datos actualizados é moi importante para acadar algúns obxectivos de EspazoCoop, como:

1| Facer labores de representación e defensa das socias. Trasladando datos cuantitativos sobre as cooperativas á Administración, e dando valor ao papel do cooperativismo na influencia política.

2| Realizar labores de comunicación interna eficaces, no contorno asociativo.

3| Realizar tarefas de comunicación e promoción cooperativa externa. Elaborar artigos, notas de prensa, dossiers, e outras labores comunicativas.

4| Realizar programas e servizos acaídos ás asociadas e a súa realidade (de impulso sectorial, e outros…).

5| Aplicar a actualización da cota asociativa (facturación da cota acorde ás condicións de cada cooperativa).

entre outros posibles …

Para acceder ao cuestionario preme nesta ligazón: CUESTIONARIO: ‘As cooperativas socias en datos’

Agradecendo a túa colaboración!, lembra que estamos a disposición para prestar apoio no que precises.

 

*Os Estatutos e acordos da Asemblea de EspazoCoop, recollen a aportación de información e datos da cooperativa como unha obriga (artigo 8. J. dos estatutos).