Campaña para marcar a X de Fins Sociais no Imposto de Sociedades

(entre as cooperativas e organizacións de economía social)

Esta medida permitirá a partir deste ano destinar o 0,7% da cota íntegra que declaren polo Imposto de Sociedades destinalo a financiar proxectos sociais das diferentes ONG de acción social, como xa ocorre co IRPF.

Distintas organizacións empresariais están amosando o seu apoio a esta campaña, entre elas Cepes, a Confederación Española de Empresas de Economía Social, que se sumou á campaña do Teceiro Sector para divulgar a X con Fins Sociais entre as empresas de economía social, preme aquí.

Na Unión de Cooperativas EspazoCoop queremos contribuír á difusión desta Campaña entre as cooperativas e outras empresas de economía social de Galicia, que poderán adherirse ao marcar na casa 00073 (modelo 200) ou a 069 (modelo 220). Poderán facelo no apartado de ‘outros caracteres-fins sociais’, e contribuír así, co Imposto de Sociedades, a mellorar e afortalar a sociedade para facela máis xusta, inclusiva e igualitaria.

As cooperativas e empresas de economía social interesadas poderán marcar esa opción de xeito voluntario e non lles suporá ningún gasto adicional.

A impulsora da Campaña, a Plataforma do Terceiro Sector, comparte obxetivos coa economía social e liñas de traballo, e defende que con esta medida se contribuirá ao fomento dos valores de solidariedade, cohesión social e inclusión, como factores de utilidade pública.

Por outra parte CEPES, indicou que “se algo caracteriza ás empresas da Economía Social son os seus valores, que se concretan principalmente en ubicar á persoa no centro, no seu compromiso cos territorios, en xerar emprego estable e de calidade, en non deslocalizarse, en insertar colectivos con dificultades de inserción e, sobre todo, demostran que é posible aunar rentabilidade económica e social”.

Dende EspazoCoop, sumándonos a Cepes, confiamos en que a meirande parte das cooperativas e empresas de Economía Social apoien a X con fins sociais do Impuesto de Sociedades.

Sobre Plataforma do Terceiro Sector

Fundada en xaneiro de 2012 por sete das organizacións máis representativas do ámbito do social en España (PVE, POAS, EAPN, CERMI, Cruz Roja, Cáritas  e ONCE), á Plataforma súmanse posteriormente á Coordinadora de ONGD de España e a Plataforma de Infancia. Actualmente, está integrada por vinte organizacións por medio das cales representa a cerca de 30.000 entidades do ámbito social.

SER UNHA EMPRESA SOLIDARIA É SER UNHA EMPRESA EXTRAORDINARIA

Infórmate sobre a campaña ‘Ser unha empresa solidaria é ser unha empresa eXtraordinaria’ na Plataforma de ONG de Acción Social aquí