A canle de CULTURA está a disposición das cooperativas socias do eido cultural

A Unión de Cooperativas EspazoCoop coordina a canle de comunicación denominada Laces Economía Social Cultura Galicia-Portugal unha iniciativa dentro do Proxecto europeo Laces que conta con perfís en Facebook, Twitter, YouTube e Linkedin, que iniciou a principios de ano.

Queremos lembrarvos ás COOPERATIVAS do ámbito CULTURAL que a canle está a vosa disposición, para difundir as vosas iniciativas, actividades, ou informacións destacadas relativas aos vosos proxectos.

Un dos obxetivos da canle é promocionarvos, poñer en valor o traballo que facedes, presentar casos de éxito, boas prácticas e amosarvos como modelo de referencia para quen busca emprender cooperativamente no sector cultural.

Lembrade nas vosas comunicacións que a Canle está destinada ás industrias culturais da economía social e coas vosas aportacións nutrímola de contido. Ademais, é unha oportunidade para darvos a coñecer, ter máis impacto e alcance, e amosar ademais que pertencedes ao sector da economía social.

CONTACTO
Podedes contactar e enviar información a través do email pingota@pingota.com e no teléfono 629 856 516 (Puri Rodríguez).

ETIQUETAR
Nas vosas publicacións nas redes podedes Etiquetar a Canle Laces Economía Social CULTURA Galicia-Portugal, para que se fagan eco.

Para Etiquetar en facebook @LacesEconomiaSocialCultura, e en twitter @CulturaLaces.

Agardamos vos resulte interesante.

Nova sobre a Canle de Cultura na web de EspazoCoop