Benvida ás 40 novas socias de EspazoCoop chegadas no 2022
Nos últimos 4 anos EspazoCoop medrou en preto nun 50% en número de cooperativas socias ata chegar na actualidade a un total de 247 socias, o que converte á Unión nun dos axentes representativos máis importantes do cooperativismo en Galicia. Desde EspazoCoop queremos dar a benvida ás 40 novas socias que achegáronse á Unión no ano 2022. Pola súa situación xeográfica son:
[A Coruña]
- 3 C Maiores, S. Coop. Galega – Casas do maior – Cooperativa de traballo asociado
Casas do maior de Mazaricos e Cee, centros de coidados diurnos e de asistencia a persoas maiores no rural (maiores de 60 anos, e non necesariamente teñen que ser dependentes).
- 50 Pés Consultora, S. Coop. Galega – Facilitación, acompañamento e formación – Cooperativa de traballo asociado
Facilitación, acompañamento e formación a proxectos empresariais ou sociais desde Ponteceso, para axudar ao seu éxito, desenvolvemento e autonomía, incidindo en aspectos de relacións grupais, económicos e de xestión. A perspectiva de xénero e feminista coa que aborda o traballo permite ampliar a visión e acción da súa clientela e seus proxectos, así como mellorar os resultados e satisfacción global.
Máis info: 50 Pés Consultora
- Ás do Social, S. Coop. Galega – Servizos educativos – Cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro
Creada na Coruña, prestan servizos de socieducativos,de intervención familiar, acompañamento emocional, e impartición de formación vinculada cos mesmos. Impartición de formación regrada e non regrada nos ámbitos da educación social. Deseño, execución e avaliación de programas e obradoiros de crecemento persoal, así como de proxectos socioeducativos. Xestión de centros onde se realicen servizos de intervención socieducativa, familiar e acompañamento familiar. Así como os servizos vinculados aos mesmos.
- Caixa Titiripaca, S. Coop. Galega – Casa niño – Cooperativa traballo asociado
Casa niño en Monfero na que se realizan actividades de tempo libre, talleres de formación e servizo de canguro.
Máis info: Caixa Titiripaca
- Charlatana, S. Coop. Galega – Artes escénicas e música – Cooperativa de traballo asociado
Un novo espazo galego en Boiro de creación, produción e distribución propia que integra diversas disciplinas artísticas: circo, música, teatro infantil e contos.
Máis info: Charlatana
- Claxes, S. Coop. Galega – Casas do maior – Cooperativa de traballo asociado
Casas do maior de Laxe e Camariñas, centros de coidados diurnos e de asistencia a persoas maiores no rural (maiores de 60 anos, e non necesariamente teñen que ser dependentes).
Máis info: Claxes
- Flying Fun, S. Coop. Galega – Academia de inglés – Cooperativa de traballo asociado
Proxectos educativos para nenas, nenos e persoas adultas para a aprendizaxe do idioma inglés dun xeito creativo en Santiago de Compostela. Flying Fun combina a aprendizaxe do inglés con outras habilidades, coñecementos e valores. Está formado por un equipo multidisciplinar no eido das artes, a psicoloxía, a filoloxía e a educación.
Máis info: Flying Fun
- Iceberg 360 Marketing Digital, S. Coop. Galega – Marketing dixital – Cooperativa Xuvenil
Marketing Dixital. Deseño web, campañas publicitarias, e asesoramento estratéxico desde As Pontes de García Rodríguez (A Coruña) | Cooperativas Xuvenil | Web: Máis info: Iceberg 360
- Kracia, S. Coop. Galega – Marketing dixital – Cooperativa xuvenil
Creado en Boiro, realizan servizos de Marketing Dixital. Posicionan as empresas e as actividades económicas a través dun modelo de traballo audiovisual, innovador e persoalizado co cal afortalar a imaxe dos negocios e xerar máis actividade. Fan consultoría, creación de contidos, deseño web ou campañas online.
Máis info: Kracia
- Leirantas, S. Coop. Galega – Transición ecolóxica – Cooperativa de traballo asociado
Afincada en Coirós, realizan xestión e dinamización de proxectos para a mobilidade sostible e a rehabilitación social de espazos e edificios dende criterios de eficiencia enerxética ou restauración ambiental.
- Mala Herba Producións, S. Coop. Galega – Contidos audiovisuais – Cooperativa Xuvenil
Produción e elaboración de contidos audiovisuais desde A Coruña. Tamén realizan Deseño e Marketing Dixital.
Máis info: Mala Herba Producións
- Mdmares, S. Coop. Galega – Tenda de agasallos e souvenirs – Cooperativa de traballo asociado
A Tenda de agasallos Mdmares ofrece en Cedeira e de maneira online produtos de marroquinería, bisutería, xoias, complementos, roupa, libros (infantís, xuvenís, educativos, manga, etc.), xogos e xoguetes cubrindo todas as idades.
Máis info: Mdmares
- Monte Branco, S. Coop. Galega – Casas do maior – Cooperativa de traballo asociado
Casas do maior de Ponteceso, centros de coidados diurnos e de asistencia a persoas maiores no rural (maiores de 60 anos, e non necesariamente teñen que ser dependentes).
- Mundo Tecnológico Digital, S. Coop. Galega – Programación informática – Cooperativa de traballo asociado
Nado en Curtis, ofrece un servizo técnico en novas tecnoloxías no mundo rural. Ademais de diversas actividades de dixitalización e implantación de novas tecnoloxías, tanto para empresas como para particulares.
- Sacauntos, S. Coop. Galega – Deseño gráfico e impresión – Cooperativa de traballo asociado
Afincados en Santiago de Compostela, ofrecen servizos de deseño gráfico, imaxe corporativa, impresión en grande e pequeno formato, servizos editoriais e de autopublicación.
Máis info: Sacauntos
[Lugo]
- Das Aradas, S. Coop. Galega – Hospedaxe rural – Cooperativa de traballo asociado
Aloxamento turístico e hospedaxe rural en Guitiriz. Ademais realizan actividades artísticas na natureza e de divulgación patrimonial e ambiental. Ecoturismo
Máis info: Das Aradas
- Val de Muíños, S. Coop. Galega – Gandeiría e produción leiteira – Cooperativa de traballo asociado
Gandeiría intensiva de produción leiteira.
[Ourense]
- A Cortiña, S. Coop. Galega – Casa do maior – Cooperativa de traballo asociado
Coidado de persoas maiores, actividades de coidados, no ámbito dos servizos sociais en Castrelo do Val
- Agalterra, S. Coop. Galega – Consultoría ambiental – Cooperativa de traballo asociado
Nada en Ourense, ofrecen servizos de consultoría e asesoría ambiental a todo tipo de organizacións no que refire a residuos, solos, emisións e verteduras, así como estudos especializados de enxeñeiría ambiental.
Máis info: Agalterra
[Pontevedra]
- A Milpa do Salnés, S. Coop. Galega – Produción ecolóxica – Cooperativa de traballo asociado
As súas liñas de traballo baséanse na produción ecolóxica, transformación artesanal, formación ecolóxica e investigación en temas relacionados coa agricultura ecolóxica e o medio ambiente.
Máis info: A milpa do Salnés
- A Morada Nosa, S. Coop. Galega – Espazo de encontro para mulleres – Cooperativa de traballo asociado
Ofrecen ás mulleres un espazo de encontro en Vigo, un lugar de lecer, asesoramento e formación, conectado coa comunidade e onde os coidados estean no centro. Actividades formativas, obradoiros, grupos de mulleres, almorzos e menús saudables, ou asesoramento.
Máis info: A Morada Nosa
- A Talangreira do Beque, S. Coop. Galega – Complexo deportivo – Cooperativa de traballo asociado
Servizos de bar, albergue, alugueiro de pistas deportivas e organización de actividades e eventos nas instalacións do Beque en Moaña.
Máis info: A Talangreira do Beque
- Alalá, S. Coop. Galega – Educación social e medioambiental – Cooperativa xuvenil
Alalá é unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro creada en A Guarda. Os seus pilares de actuación son a educación social, a educación ambiental e a perspectiva de xénero. Realizan servizos de formación, campamentos, talleres e obradoiros relacionados co coidado da natureza, igualdade de xénero e feminismo destinados a toda a comunidade, administración pública e centros educativos.
Máis info: Alalá
- Aldea Integral, S. Coop. Galega – Alimentación – Cooperativa de consumo
É unha cooperativa de consumo de Vigo, fundamentalmente de alimentación, con especial preocupación polos alimentos ecolóxicos e pola produción de proximidade. Tratan de conquerir todo o que precisan as súas socias, como outros bens de menaxe, limpeza do fogar, hixiene persoal e doutro tipo necesarios. Outra característica de Aldea é que ademais producen os seus propios alimentos de forma ecolóxica e local a través do cultivo de varias hortas. Tamén desenvolven obradoiros de cociña ou xantares populares.
- Baríssimo, S. Coop. Galega – Restaurante – Cooperativa de traballo asociado
Restaurante situado en Arcade
- Cru Producións, S. Coop. Galega – Produción cinematográfica e vídeo – Cooperativa traballo asociado
Nacida en 2022 en Nigrán, desenvolven os seus recursos ao subsolo, o seu hábitat. onde hai unha capacidade infinita de transformación e talento, que é invisible a moitos ollos, pero que abrazan e elevan. Priorizan equipos creativos e técnicos de mulleres ou persoas LGBTIQA+ para paliar a desigualdade de acceso destas ao universo do cinema e ás que proporcionan unha contorna segura para traballar.
Máis info: Cru Producións
- Donde Viven los Cuentos, S. Coop. Galega – Actividades infantís – Cooperativa de traballo asociado
Actividades e talleres de educación en valores, e actividades de entretemento infantil en Nigrán.
Máis info: Donde Viven los Cuentos
- Educalecrín, S. Coop. Galega – Educación social e medioambientall – Cooperativa xuvenil
Desde Lalín, organizan obradoiros, charlas, campamentos, roteiros medioambientais, ecoauditorías, aulas da natureza, ou actividades extraescolares en temáticas como a: equidade de xénero, relacións saudables, diversidade, comunicación non violenta, intelixencia emocional, conservación de ecosistemas, ou fomento da lectura, entre outros.
Máis info: Educalecrín
- Esmuvigo, S. Coop. Galega – Escola Municipal de Música – Cooperativa de traballo asociado
A cooperativa Esmuvigo xestiona a escola municipal de música de Vigo e imparten a formación musical do centro. O seu Plan de Estudos abrangue:
- Música e movemento (ata sete anos de idade).
- Práctica instrumental (a partir de oito anos de idade).
Máis info: Esmuvigo
- Fillas da Terra, S. Coop. Galega – Agricultura ecolóxica – Cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro
Cultivo e venda de hortalizas de tempada en Moaña seguindo os principios da agroecoloxía. Non fan uso de ningún tipo de químicos, nin maquinaria, nin plásticos. Venden cestas de hortalizas co que cultivan da súa horta, con varias opcións de prezos e fan reparto de proximidade só na provincia de Pontevedra. Teñen un modelo de horta con cultivos diversos para que protexa a fertilidade do solo. Todo elo lévalles a buscar unha clientela comprometida que lles permita soster o seu modelo de cultivo.
Máis info: Fillas da Terra
- Fit Sport, S. Coop. Galega – Ximnasio – Cooperativa de traballo asociado
Neste ximnasio de Vigo poderás gozar dos seguintes servizos: solárium, masaxe, dietética e nutrición, osteopatía, plataforma vibratoria, fitness, ciclo indoor-zoa, pilates, ioga, wu-shu, sanda, aerobic, step, taichí etc.
Máis info: Fit Sport
- Idearia, S. Coop. Galega – Aplicacións software – Cooperativa de traballo asociado
Nace en Vigo co obxetivo de mejorar os procesos industriais mediante o desenvolvemento de aplicacións software ad hoc. Non só desenvolven software, converten ideas en realidades mediante os recursos hardware e software necesarios que idean e desenvolven. Aínda que os procesos non sexan industriais tamén poden contribuir con seus servizos (xa teñen axudado a salóns de peiteado, clínicas médicas, auditoras…)
Máis info: Idearia
- Invekia, S. Coop. Galega – Transformación dixital – Cooperativa xuvenil
Desenvolven actividades tecnolóxicas para a transformación dixital dunha forma sostible e solidaria. Creada en Gondomar, realizan deseños e animacións 3D mediante técnicas de escaneado e modelado. Materializan os deseños mediante a impresión 3D, empregando materiais biodegradables e de orixe natural. Empregan a realidade virtual e aumentada para crear experiencias inmersivas que acheguen un valor engadido ó ámbito educativo, comercial e do lecer.
Máis info: Invekia
- Maga de Voz, S. Coop. Galega – Ensino musical – Cooperativa de traballo asociado
Se ocupa do desenvolvemento e do benestar das persoas a través das artes escénicas (Música, Danza, Teatro).Ensino musical, terapias artísticas e artes escénicas desde A Guarda.
Máis info: Maga de Voz
- Micelio Terapias Ó Natural, S. Coop. Galega – Terapias – Cooperativa de traballo asociado
En Micelio realizan en Mondariz terapia ocupacional, logopedia, atención temperá, terapia grupal e ás familias
Máis info: Micelio Terapias Ó Natural
- Necodelta, S. Coop. Galega – Tenda de bicicletas e patinetes – Cooperativa de traballo asociado
Tenda de bicicletas e patinetes, así como os seus repostos, roupa deportiva, e alimentación relacionada co entrenamento deportivo en Baiona.
Máis info: Necodelta
- Proyectos y Obras Chamomar, S. Coop. Galega – Construción – Cooperativa de traballo asociado
Nada en Vigo, desde Chamomar realizan: reformas e obra nova, proxectos e rehabilitación de edificación, informes técnicos…
- Recreo Marketing, S. Coop. Galega – Marketing – Cooperativa de traballo asociado
Marketing, publicidade, eventos, e formación, tanto tradicional coma en liña desde Vilagarcía de Arousa
Máis info: Recreo Marketing
- Skeirrum, S. Coop. Galega – Servizos de formación e educación – Cooperativa xuvenil
Desde A Guarda realizan actividades lúdico educativas, dixitais e analóxicas para a divulgación de coñecemento. Deseño de actividades de ocio e entretenemento ao aire libre ou en espacios grandes enfocada ao fomento do turismo activo e para pór en valor o patrimonio cultural, histórico e natural do territorio no que se realice.
Máis info: Skeirrum
- UF Negra Sombra, S. Coop. Galega – Libraría café – Cooperativa de consumo
O UF é un Café con moita historia na cidade de Vigo que complementa a súa actividade con servizos de libraría e eventos culturais (música, poesía, presentacións de libros, recitais, teatro, charlas…).
Máis info: UF Negra Sombra