Axenda Sector Cultural na economía social

No marco do Proxecto Laces, AESGAL (Agrupación empresarial de sociedades laborais de Galicia) elaborou o estudo sectorial sobre as Industrias Culturais na economía social. 

A Axenda sectorial foi presentada publicamente en Galicia o pasado mes de xuño en Pontevedra, nun acto que ademais reuniu nunha mesa de debate empresas galegas e lusas para tratar as oportunidades de negocio existentes no sector cultural para organizacións de economía social.

Para coñecer os resultados deste estudo podes entrar na Páxina Laces-Economía Social, sección Industrias Culturais e Creativas:

http://negocio.laceseconomiasocial.com/es/sectores/industrias-culturais-e-creativas

 

 

Estes son os documentos elaborados:

>> Guía resumo, Axenda do Sector Cultural na Economía Social: aquí

>> Axenda sectorial, para a creación e consolidación de empresas de Economía Social no Sector Cultural: aquí

 

* A Unión de Cooperativas EspazoCoop fai parte do Proxecto Laces-Economía Social, liderado pola Xunta de Galicia, e no que se integran organizacións galegas e portuguesas para fomentar a creación de emprego e a consolidación de empresas na economía social