ASEMBLEA XERAL DE SOCIAS 2018
[ No marco da ‘Xornada de actividades conxuntas’ co Foro pola Economía Social Galega ]
Venres 01 Xuño 2018 – Hotel Oca Porta do Camiño
R/ Miguel Ferro Caaveiro s/n
Sala Obradoiro I – Santiago de Compostela
Por primeira vez, imos celebrar a nosa ‘Asemblea’ no marco dunha ‘Xornada de actividades comúns’ coas demais entidades que integramos o Foro pola ES Galega (Agaca, Cegasal, e Aeiga), que á súa vez, celebran a súa Asemblea anual noutros espazos e horarios do mesmo lugar de celebración.
Ese día imos celebrar actividades de xeito conxunto co resto de organizacións que comezarán a partir das 12 horas co seguinte ‘Programa’ :
PROGRAMA
>> 12 h.- Sesión: Claves para unha comercialización intelixente
>> 14 h.- Economía Social – Meeting + Xantar
Durante o tempo para xantar, poderemos repoñer forzas cuns pinchos variados, e ao mesmo tempo, aproveitaremos para manter relacións de intercambio e networking con outras cooperativas e empresas de economía social do Foro, polo que é conveniente que levedes material promocional das vosas cooperativas, como tarxetas de visita, folletos, etc.
>> 16 h.- Asemblea da Unión de Cooperativas EspazoCoop
(1ª convocatoria 16 h. – 2ª convocatoria 16.30 h.)
– Asemblea xeral ordinaria de EspazoCoop
– Dinámica de participación sobre o novo proxecto de
Lei de Cooperativas de Galicia (recollida de achegas)
>> 18.30 h.- Fin da xornada
Inscrición previa! As cooperativas podedes inscribirvos a todas ou a algunhas das actividades neste enlace
DOCUMENTACIÓN
As cooperativas socias podedes acceder mediante a clave habitual neste enlace á seguinte Documentación da Asemblea:
– Convocatoria da Asemblea xeral ordinaria EspazoCoop 2018
– Contas anuais 2017
– Informe da xestión económica 2017
– Informe auditoría das contas 2017
– Plan de xestión 2018
– Catálogo de actividades 2018
– Proxecto de orzamentos 2018
– Cotas asociativas 2018
*Se non contas coa clave de acceso, contacta con nós para facilitarcha.
Nos próximos días, ademais, iredes recibindo avisos da posta a disposición doutra documentación relativa á Asemblea de socias 2018.
Esperamos verte!
A actividade Economía Social – Meeting enmárcase na programación 2018 da Rede Eusumo – Xunta de Galicia. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.