Asemblea xeral extraordinaria
de cooperativas socias
15 de decembro, 16.30 horas
Cidade da Cultura, Monte Gaiás – Santiago
Biblioteca e Arquivo de Galicia, Sala 1
Sesión participativa para definir o Plan de Traballo 2018
A Unión de Cooperativas Espazocoop celebra unha asemblea xeral extraordinaria na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela o venres 15 de decembro, que ten como obxetivo identificar propostas de accións e actividades para o Plan de Traballo de Espazocoop 2018.
Reunirémonos na Sala 1 do edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia (na convocatoria aparece un mapa da Cidade da Cultura)
Consulta a convocatoria da Asemblea de socias neste enlace
Os documentos de traballo para esta sesión están no seguinte enlace. Indicando a contrasinal de acceso restrinxido para cooperativas socias no ‘Espazo de Participación’ da nosa web, accederás aos arquivos (*) :
– Plan estratéxico
– Retorno do proceso de participación realizado na asemblea de Espazocoop o 2 de xuño
– Documento de Demandas Políticas
Podes confirmar a túa asistencia no correo mar@espazo.coop ou no teléfono 981 57 55 78.
Gustaríanos contar contigo para definir o Plan de Traballo 2018 de Espazocoop.
Agardámoste!
(*) Se non tes a man a contrasinal contacta con Espazocoop para facilitarcha.