Asemblea 2022 da Unión de Cooperativas EspazoCoop

 

 



Asemblea 2022 de EspazoCoop | Luns 6 de Xuño 2022 – Na Fundación Laboral de Construcción

R/ Pontepedriña de Arriba, 13. Barrio do Romaño.  Santiago de Compostela

Hora: 12 h. primeira convocatoria – 12.30 h. segunda convocatoria.



 

Celebramos a Asemblea 2022 da Unión de Cooperativas EspazoCoop.

A presidenta de EspazoCoop, previo acordo do Consello reitor, convoca ás cooperativas socias á Asemblea xeral o luns 6 de Xuño. A primeira convocatoria é ás 12 horas e segunda ás 12.30 horas.

Despois de máis de dous anos de pandemia a reunión anual das cooperativas de EspazoCoop celébrase presencialmente, na Fundación Laboral da Construcción, en Santiago de Compostela.

Como cada Asemblea, repaso da “Xestión Social 2021”, aprobación das contas e distribución dos resultados económicos. Tamén, o “Plan de Xestión 2022” e as cotas asociativas deste ano serán presentadas para debate e aprobación. Ademais, a orde do día prevé a presentación da Proposta de “Protocolos de Transparencia e Bo Goberno” en EspazoCoop.

Por último, ás 14.30 h. compartiremos un xantar de petiscos para confraternizar. Vas a perdelo? Consulta a orde do día, a documentación e inscríbete.

[ Orde do Día ]

Podes consultar a Convocatoria da Asemblea coa Orde do Día dos temas a tratar neste enlace

[ Inscrición á Asemblea ]

Podes confirmar asistencia á Asemblea, neste enlace

[ Documentación da Asemblea ]

Estes días iremos publicando a Documentación da Asemblea para a súa consulta, no espazo restrinxido a Socias neste enlace

[ Nota: Se non contas coa clave de acceso habitual ao contido restrinxido a socias, contacta con nós para facilitarcha.]