A Asociación que agrupa as Sociedades Laborais en Galicia, AESGAL, ven de por en marcha unha nova iniciativa, trátase do concurso Proxectos Visibles, un concurso de vídeos, imaxes e presentacións de proxectos sociais e de iniciativas empresariais da economía social, con dúas categorías diferentes.
Valorarase, en primeiro termo, a creatividade e orixinalidade das propostas. Tamén se terá en conta a presentación de materiais conforme aos estándares tecnolóxicos aconsellados nas bases. E, por último, destacaranse aqueles proxectos que potencien os valores da economía social tanto de cara a proxectos empresariais como a proxectos sociais.
O premio consistirá nunha campaña en internet para dinamizar a iniciativa empresarial ou social do ámbito da economía social gañadora. O vídeo, imaxe ou presentación premiados avaliarase para ser lanzado na rede coas melloras e complementos necesarios para a súa presenza en Internet.
Tes toda a información na web do concurso: Proxectos Visibles