A Morada, Árbore e Mendiño, recoñecidas do Día do Cooperativismo Galego 2024

 

 

O pasado 6 de xullo celebrouse o Día do Cooperativismo Galego no que tres socias de EspazoCoop foron recoñecidas: A Morada Nosa, S. Coop. Galega, Árbore Consumo Consciente S. Coop. Galega e o Colexio Mendiño S. Coop. Galega 

O sábado 6 de xullo  tivo lugar no C.P.R. Plurilingüe Ángel de la Guarda, sede da Sociedade Cooperativa Galega La Mendoña, en Nigrán, a celebración do Día do Cooperativismo Galego nun acto que contou coa participación de representantes políticos vencellados ao cooperativismo, ademais dunha gran representación do cooperativismo da comunidade.

Esta data conmemora os valores do cooperativismo e recoñece a súa contribución a unha economía galega sustentable e igualitaria. Xunto a esta conmemoración, nesta data tamén entregáronse os Premios á Cooperación 2024, que nesta edición recoñeceron a dúas cooperativas socias de EspazoCoop, A Morada Nosa, S. Coop. Galega e Árbore Consumo Consciente S. Coop. Galega, cos galardóns de Premio ao mellor proxecto cooperativo novo e Premio aos valores cooperativos, respectivamente, ademais dun centro escolar asociado á Unión, o Colexio cooperativo Mendiño, cun Accésit na modalidade: Proxectos empresariais cooperativos, dirixida ao alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.

 

As socias que integran A Morada S. Coop. Galega, galardoada co Premio ao mellor proxecto cooperativo novo, lembran os seus comezos e obxectivos, quixemos construír ese lugar tan especial coas veciñas! porque o corazón desta casa é o patio de veciñas, onde coidar en colectividade, compartir, sanar…e rosmar, sen sentirnos xulgadas, porque estamos fartas de levar as cargas e non permitirnos nin a queixa”.

 

 

Pola súa banda, as socias de Árbore Consumo Consciente S. Coop. Galega, recoñecida co Premio aos valores cooperativos, salientaron no momento da entrega do Premio a importancia dun consumo responsable para o presente o futuro, poñendo a vida no centro a través del e a soberanía alimentaria. Non só para nós, tamén para as futuras xeracións que merecen un mundo mellor”.

 

 

Ademais, o Colexio cooperativo Mendiño foi distinguido cun Accésit na modalidade Proxectos empresariais cooperativos, dirixida ao alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial polo seu proxecto SalingDog. Trátase dun proxecto que impulsa o traballo decente e crecemento económico sendo respectuosos co medio, favorecendo a creación de comunidades e cidades sustentables”.

 

 

No acto de celebración, Ana Olveira, Presidenta de EspazoCoop, entregou o Premio ao mellor proxecto empresarial cooperativo na Modalidade: Proxectos empresariais cooperativos, dirixida ao alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial a Arroutada, S. Coop. Galega Xuvenil (IES Fernando Wirtz Suárez).

 

 

 

*Imaxes: Galería da web do Día do Cooperativismo Galego 2024

—-

[ Vídeos das socias premiadas ]

Árbore Consumo Consciente

 

A Morada

 

Colexio Mendiño – Proxecto SailingDog