A Milpa do Salnés presenta a formación en liña: “Agricultura Ecolóxica Biointensiva”

 

 

Denda a cooperativa A Milpa do Salnés propoñen a formación en liña “Agricultura Ecolóxica Biointensiva” que organizan e imparten a partir do 4 de maio de 2024.

Queres aprender a cultivar o teu propio alimento dun xeito ecolóxico e avanzar cara á verdadeira autosuficiencia no teu xardín!
Esta é a túa oportunidade de coñecer máis sobre o método biointensivo que che ofrece todas as ferramentas para producir unha gran cantidade de alimentos en moi pouco espazo e dun xeito ecolóxico.

O método de produción agroecolóxico biointensivo combina a produción dunha dieta nutritiva e completa cun sistema pechado de xestión da fertilidade, sen dependencia de insumos externos nin do uso de combustibles fósiles e incorpora boas prácticas de coidado e conservación do solo.

Paso a paso, en cada encontro poderás aprender e comprender cada un dos 8 principios do método biointensivo e poñelos en práctica nun entorno produtivo real, a Huerta Xiyun de Ames, moi preto de Santiago, onde se leva 3 anos en práctica este método.

Trátase dunha formación en agricultura ecolóxica biointensiva nova en Galicia e pensada para aprender dun xeito pausado e práctico. A formación componse de 5 encontros teóricos que se realizarán en liña (horario de 16.30 a 20.30 horas) e unha reunión práctica de xornada completa.

Datas: 4, 11, 18, 25 de maio e 1 e 15 de xuño de 2024.

Temáticas: Para coñecer as temáticas da formación e saber máis neste enlace

Descontos: a persoas en desemprego, xubiladas ou dunha mesma familia.

Webinar de presentación do curso: 19 de abril de 19.30 a 20.30 h.

Contacto: www.amilpadosalnes.com

Teléfono Guillermo 656955330 | guillermo@amilpadosalnes.com
WhatsApp Ofelia 663110657 | ofelia@amilpadosalnes

O pase de diapositivas require JavaScript.