Asemblea xeral ordinaria de socias 2025

Venres 23 de maio 2025. Ás 10.30 horas.
Cidada da Cultura – Sala Eisenman. Santiago de Compostela

 


Asemblea de EspazoCoop 2025

A Unión de Cooperativas EspazoCoop celebra o venres 23 de maio de 2025 a súa Asemblea xeral ordinaria 2025.

Onde?: na Cidada da Cultura en Santiago de Compostela (Sala Eisenman).  Monte Gaiás, s/n, Edificio Centro de Emprendemento Creativo

Horario: 1ª convocatoria 10 hs  | 2ª convocatoria 10.30 hs.

Convocamos a tódalas cooperativas socias para que asistan á Asemblea prevista, co fin de participar nos temas a tratar, e acadar os obxetivos que nos marcamos para esta cita coa base social da Unión de Cooperativas EspazoCoop.

ORDE DO DÍA

  • A convocatoria e orde do día da Asemblea pódese consultar neste enlace

CONFIRMAR ASISTENCIA

  • Para inscribirse e confirmar asistencia fai clic aquí

DOCUMENTACIÓN DA ASEMBLEA

  • A documentación da Asemblea pódese consultar aquí introducindo a clave habitual das socias (se non contas coa clave, contacta e facilitámoscha).

 

Cartel do anuncio da Asemblea: aquí

 

A partir das 12 h. acto público de celebración do Ano Internacional das Cooperativas 2025

EspazoCoop a partir das 12 h., realizará un evento público para celebrar o Ano Internacional das Cooperativas 2025, trátase da xornada “Somos Rede, Somos Impulso”, na que serán homenaxeadas as cooperativas socias con máis de 20 anos, contará tamén cunha mesa sobre financiamento das cooperativas e unha actuación musical antes do peche institucional. Para finalizar ofrecerase un petisco cooperativo.

Cartel do acto: aquí

Programa do acto: aquí

Estaremos encantadas/os de recibir ás socias de EspazoCoop.