72 actividades en 20 Universidades do estado comporán a 1ª semana universitaria da economía social, do 21 ao 28 de febreiro
Centros, institutos e outras estruturas universitarias de investigación en Economía Social en España celebrarán os próximos días 21 a 28 de febreiro a 1ª Semana Universitaria da Economía Social. Un total de 72 actividades en 20 universidades distintas programáronse para ditos días, completando unha ampla e variada axenda de actos co obxetivo de dar a coñecer a intensa actividade e os resultados da investigación sobre o sector das cooperativas, sociedades laborais, mutualidades, empresas sociais e terceiro sector de acción social en España.
A Semana Universitaria a convoca a Rede ENUIES, de Centros e Institutos Universitarios de Investigación en Economía Social, promovida por CIRIEC-España, centro de referencia na investigación e difusión da economía social no noso paías e a nivel internacional.
Para leer a nova completa, preme aquí
En Galicia foi presentada a Semana Universitaria da Economía Social o mércores 19 de febreiro, contaremos con actividades na Universidade de Santiago de Compostela (USC) a través do Centro de Estudios Cooperativos (Cecoop), coa seguinte programación:
MÉRCORES, 26 DE FEBREIRO
- Exposición cata de ideas na Economía Social. Proxecto Interreg-Laces.
- Sesión de Aula «A Contabilidade nas entidades de Economía Social».
- Sesión de Aula «Definición das entidades de Economía Social e cuantificación en Galicia».
- Sesión de Aula «Realización dun modelo econométrico con datos de entidades de Economía Social».
- Xornada de presentación dos resultados do proxecto ApS sobre unha perspectiva ética da empresa: a Economía Social desde as dimensións financeira, de gobernanza e igualdade.
- Conferencia sobre Definición das entidades de Economía Social e cuantificación en Galicia. Políticas públicas.
- Sesión de Aula «Historia do cooperativismo agrario galego».
XOVES, 27 DE FEBREIRO
- Sesión de aula «Políticas públicas en Economía Social en Galicia».
- Taller sobre Dereito cooperativo.
Fonte: vía web Ciriec
Imaxe: presentación en Galicia da Semana Universitaria de Economía Social. Con presencia de representación institucional da Xunta de Galicia, o Foro Galego pola Economía Social Galega, Cecoop e USC.