A Consellería de Traballo e Benestar convocou os programas de incentivos ao autoemprego colectivo das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil 2015. Prazo de solicitude: 30/09/15.

Establécense os seguintes programas de subvencións:

a) I: programa de incorporación a cooperativas e sociedades laborais.

b) II: programa de fomento do emprendemento.

Fai clic: Bases reguladoras

 

Beneficiarias: Poderanse acoller ás subvencións previstas nesta orde:

a) As sociedades cooperativas galegas e sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I.

b) Os mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, para as actuacións previstas no programa II.

 

Subvencións para incorporación:

As cooperativas e sociedades laborais que incorporen mozas e mozos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia, poderán acollerse ás seguintes subvencións:

a) Pola incorporación como socios e socias traballadoras ou de traballo, con carácter indefinido: 12.000 € por mozo ou moza incorporada, ata un máximo de 48.000 euros por entidade beneficiaria. Se a cooperativa ou sociedade laboral é de nova creación, a contía da subvención por persoa incorporada será de 15.000 €, ata un máximo de 60.000 € por entidade beneficiaria.

b) Pola incorporación como socios e socias traballadores ou de traballo a proba: 600 € ao mes, por un período de entre 6 e 12 meses, por mozo ou moza incorporada e ata un máximo de 14.400 euros por entidade beneficiaria.

A incorporación poderá ser a xornada completa ou a tempo parcial.

A persoa moza pola que se solicita a subvención debe cumprir certas condicións na data da súa incorporación, como estar inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, entre outras.

Subvencións para microcréditos:

As cooperativas e sociedades laborais de nova creación que incorporen como persoas socias traballadoras ou de traballo, con carácter indefinido, a mozas e mozos integrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia poderán acceder a unha subvención para custos de estudo e formalización de microcréditos bancarios ata o 100 % do seu custo, cun máximo de 2.000 € por mozo ou moza incorporada e de 6.000 euros por entidade beneficiaria.

Para os efectos desta subvención, consideraranse como cooperativas ou sociedades laborais de nova creación as que non superen os dous anos de actividade.

Subvencións ao emprendemento cooperativo: 

Dirixido a fomentar o emprendemento colectivo xuvenil, mediante a concesión de subvencións aos mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, para facilitar o acceso á condición de persoas socias de cooperativas impulsando a posta en marcha da actividade emprendedora por conta propia. Este colectivo poderá acceder ás subvencións para o inicio de actividade, cunha contía de 3.000 € por persoa beneficiaria.

Subvención para microcréditos:

As persoas beneficiarias poderán acceder a unha subvención para custos de estudo e formalización de microcréditos bancarios ata o 100 % do seu custo, cun máximo de 2.000 € por solicitude.

Distribución inicial de créditos por programas é a seguinte:

Programa I: 474.821,21 €.

Programa II: 300.000,00 €.

Prazo de solicitude: 30/09/15