Dende a Federación de cooperativas de traballo de Cataluña comunícanos que unha das súas cooperativas socias, TANDEM SOCIAL, está xestionando en Galicia o Programa de Emprendemento verde Lab3, promovido pola Fundación Biodiversidade.
Lab3 apoia iniciativas verdes impulsadas por emprendedoras(es) e organizacións ambientais e sociais (entidades ou empresas) de Galicia e Andalucía que buscan mellorar as súas competencias emprendedoras mediante formación, acompañamento individual e a aprendizaxe mutua. Todas as accións son gratuítas.
Tandem Social busca alianzas entre emprendedoras(es) e organización que precisen apoio para crear ou arrancar proxectos de alto impacto na nosa comunidade.
Presentación de solicitudes para participar no programa ata o 22 de febreiro de 2018.

Un programa que podería ser de interese para persoas (instrutores/as), emprendedores/as, etc., ou entidades galegas.

APÚNTATE!
Consulta todas as condicións aquí

Ofrécenche Formación, acompañamento individual e viaxe de formación a Italia para crecer en verde!

Todas as accións son gratuítas e cofinanciadas polo FSE para conquerir formación e emprego de calidade.