Xa están dispoñibles na web de CEPES, dentro da Sección “Área Multimedia” no apartado de “Vídeos” as intervencións que se produciron o pasado día 25 de xaneiro, con ocasión da Xornada sobre Contratación Pública Responsable dirixida a empresas e entidades de Economía Social.

Link de descarga: Vídeos

Hai 5 vídeos diferentes debido á duración do contido que se abordou na xornada, segundo CEPES hai que ter en conta a orde que se desglosa a continuación:

– O primeiro vídeo contén o Acto de inauguración; o Relatorio marco de Santiago Lesmes; e a Mesa de Administracións Públicas, coas intervencións de Miguel Laparra (Goberno de Navarra), Aurora Jhardi (Concello de Palma de Mallorca) e Bernabé Palacín (Concello de Logroño).

– No segundo vídeo continúa a intervención de Bernabé Palacín (Concello de Logroño) e o posterior debate e preguntas xeradas co público nesta Mesa Redonda de Administracións Públicas.

– No terceiro vídeo inclúense os dous relatorios restantes da sesión plenaria da mañá: Cristóbal Molina (da Universidade de Jaén) e Manuel Varela (da consultora Silo).

– O cuarto vídeo recolle o Taller nº1 celebrado na sesión de tarde e dirixido especialmente a Centros Especiais de Emprego e Empresas de Inserción.

– E no último vídeo pódese seguir o Taller nº2 da sesión de tarde, dirixido a Sociedades Cooperativas e Sociedades Laborais.