Desde que tivemos constancia en UGACOTA que a algunhas persoas socias de cooperativas fóronlles denegadas as axudas do Programa II da Orde de axudas ás cooperativas e promoción do cooperativismo do ano 2015, vimos traballando nun modelo de recurso de reposición que poida servir de base ás persoas socias para facer a oportuna reclamación diante da administración. Este modelo naturalmente non garante un cambio de criterio, pero pode servir de base a unha xusta reclamación. Lembramos que o Programa II é o programa de fomento do acceso á condición de persoa socia.

Esta acción encádrase no servizo de representación e defensa de intereses das cooperativas asociadas que forma parte da misión da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado Ugacota.

Agardamos que as reclamacións sexan tidas en conta e quedamos a dispór das cooperativas e persoas socias afectadas, nos seguintes contactos de Ugacota:

Teléfono : 881 887 456 – Correo electrónico tino@ugacota.coop

Nova relacionada, fai clic : Convocatoria de axudas ás cooperativas e promoción do cooperativismo 2015