Premios PEL 2024: Premios ás mellores iniciativas empresariais da provincia da Coruña

Convocáronse os VI Premios a Iniciativas Transformadoras da Provincia de A Coruña, a iniciativa da Deputación da Coruña que premia a innovación, a calidade e o compromiso empresarial.

Os proxectos gañadores de cada categoría recibirán un premio de 18.000 euros.

Categorías:

  1. Mellor Iniciativa Transformadora Nova:  Para proxectos nados nos anos 2023 ou 2024.
  2. Mellor Iniciativa Transformadora Consolidada: Para aqueles proxectos que xa teñen construído un legado e unha traxectoria ao longo do tempo (antes de 2019).
  3. Mellor Iniciativa Verde: Para proxectos relacionados co medio ambiente e a sostibilidade.
  4. Proposta do Xurado: Para proxectos que deixan unha pegada positiva nas zonas rurais.

As candidaturas presentaranse de xeito telemático a través da plataforma SUBTeL, na convocatoria PEL-EPR PREMIO 2024, no seguinte enlace: Dacoruna SUBTEL – Entrada

Prazo de presentación: A convocatoria estará aberta desde o 16 de maio de 2024, ata o 18 de xuño de 2024 ás 14:00 horas. 

Para máis detalles sobre as bases da convocatoria e o proceso de presentación de candidaturas, visitar o seguinte enlace: Premios PEL (dacoruna.gal)