A Consellería de Traballo e Benestar convocou os premios á cooperación 2014.

Finalidade: Fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, recoñecer publicamente o labor de que cooperativistas e outras persoas e institucións veñen facendo en prol do desenvolvemento do movemento cooperativo en Galicia.

Poderán optar a estes premios: As cooperativas, e as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo na Comunidade Autónoma galega.

Modalidades:

• Premio aos valores cooperativos, dotado con 5.000 €

• Premio ao mellor proxecto cooperativo, dotado con 5.000 €

• Premio á promoción do cooperativismo, dotado con 5.000 €

O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos remata o 15 de maio de 2014

Descarga: bases reguladoras dos Premios á Cooperación 2014

O DOG nº 35, de 20 de febreiro de 2014, é no que se publica a Orde do 12 de febreiro de 2014, que establece as bases reguladoras dos premios á cooperación 2014, estas bases foron aprobadas polo Pleno do Consello Galego de Cooperativas.