Premio Emprendemos: “Fomento do Emprendemento Cooperativo na Escola”
Dende a Unión de Cooperativas EspazoCoop e UECoE animamos ás Cooperativas de Ensino a participar na II Edición do Premio do Grupo Cooperativo CajaMar EMPRENDEMOS ‘Fomento do Emprendemento Cooperativo na Escola’.
‘Fomento do emprendemento Cooperativo na Escola’, é un certamen dirixido a alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional Básica que estean cursando os seus estudos en Cooperativas de Ensino, o premio enmárcase dentro do acordo de colaboración asinado entre CajaMar e UECoE.
As bases de participación con toda a información do Premio, así como os Anexos 1 formulario de inscrición a cumprimentar nun primeiro momento para poder participar e o Anexo 2 co modelo orientativo de memoria do proxecto a concursar, nestes enlaces:
II Premio Cajamar Bases Participación
II Premio Cajamar Anexo 2 Memoria Proyecto
Tamén poderán ser consultados na web www.uecoe.es dende onde se poderá cumprimentar o formulario de inscrición para participar e en concreto dende este enlace https://goo.gl/forms/cRZIZRX8S7asaWRz2
Para calquera aclaración pódese contactar vía telefónica no 91 447 34 63 ou vía mail a formacion@uecoe.es
A inscrición ao Premio é ata o 31 de xaneiro de 2019 e a partir desa data e ata o 1 de maio de 2019 poderanse enviar os proxectos correspondentes que concursen.
UECoE e o Grupo Cooperativo CajaMar queren con estes premios valorar aquelas iniciativas que desenvolven a aptitude emprendedora na aula e nas que destaquen, a orixinalidade, grao de madurez e carácter innovador; viabilidade profesional, comercial, técnica, legal e económica; incorporación de elementos de desenvolvemento tecnolóxico; capacidade para desenvolver traballo en equipo; capacidade de implantación noutros territorios así como de cooperación con outras empresas; impacto social e sostenibilidade do proxecto, entre outros.