Convocatorias abertas aos Pop Ups de Lugo e Santiago
Na web da consellería de Economía, Emprego e Industria, xa está publicada a convocatoria para participar nas tendas efémeras (POP UP) organizadas pola SXE e que se celebrarán en:
Santiago de Compostela os días 17, 18 e 19 de outubro.
Lugo os días 24, 25 e 26 de outubro.
Os POP UPs son un conxunto de actividades que lles permitirá ás empresas que se encontran en fase de creación ou consolidación ter unha experiencia real de venda e lograr unha importante aprendizaxe que as axude a perfeccionar o seu modelo de negocio.
A quen vai dirixido?
A persoas ou empresas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que queiran desenvolver un proxecto de economía social mediante a proba do seu produto ou servizo.
Podedes atopar máis información en https://ceei.xunta.gal/recursos/iniciativas?content=sx-emprego/iniciativa_0073.html e http://www.espopup.com
O prazo para inscribirse finaliza o 11 de outubro de 2019.
Proxecto LACES | Subdirección xeral de Economía Social
Secretaria Xeral de Emprego – Consellería de Economía, Emprego e Industria