“Outonos Cooperativos”
15 e 19 de novembro en Rodeiro e Santiago
Os ‘OUTONOS COOPERATIVOS’ son encontros inspiradores para visibilizar a fórmula e os valores cooperativos a través de experiencias reais de cooperativas asentadas no noso territorio.
Esta iniciativa está promovida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e conta coa participación de entidades representativas das cooperativas galegas, como son Agaca e Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Estes encontros desenvolveranse durante dúas xornadas, en horario de mañá. A primeira delas terá lugar na sede da cooperativa O Rodo de Rodeiro e a segunda na de Mercado de Abastos de Santiago.
Público participante: persoas asesoradas polos propios Polos de empredemento e apoio ao emprego; profesionais que forman parte de cooperativas e público xeral.
Requerirase inscrición previa a través do seguinte formulario. Aforo máximo de 50 persoas.
O programa de actividades constará dunha visita guiada á cooperativa que acolle a xornada, un faladoiro catro persoas representantes de proxectos cooperativos actuais, un showcooking con produtos de tempada, locais e de orixe cooperativa e unha actuación musical.