Ofertas de emprego de REAS Galicia

Dende REAS Galicia (Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia) lanzan 2 ofertas de emprego para cubrir un posto de Técnica de Proxectos e outro de Técnica de Márketing Turístico e Comunicación Social. Para ambas ofertas o prazo para candidatarse e enviar o CV é o luns 7 de Novembro de 2022.

TÉCNICA DE PROXECTOS

A persoa contratada realizará labores de apoio ás actividades de REAS Galicia, na área de coordinación e xestión, en especial ao proxecto Camiño da ESS de visibilización da ESS a través de rutas e visitas.

FUNCIÓNS

Identificación de iniciativas da ESS que poidan ser referenciais e susceptibles de integrar unha ruta de visitas.
Intermediación para a incorporación destas entidades ao proxecto, prestándolles apoio.
Organización de encontros e formacións.
Apoio á elaboración, seguimento e xustificación documental de indicadores técnicos e económicos de todas as actividades e fases do programa.
Favorecer a creación de rede e traballo conxunto con outros profesionais e recursos.

PERFIL

Titulación universitaria, preferentemente do eido económico e social.
Experiencia en xestión de proxectos financiados con fondos públicos.
Coñecemento do sector e identificación cos valores da economía social e solidaria.
Coñecemento da realidade diferencial do medio rural.
Coñecemento de galego e castelán falado e escrito.
Carné de conducir e vehículo propio, así como dispoñibilidade para viaxar.

DATOS DA CONTRATACIÓN

· Contrato ata decembro de 2023. Xornada Completa.
· Lugar de traballo: Galicia /  teletraballo / dispoñibilidade para viaxar.
· Incorporación inmediata.

CONCORRENCIA

Envío ao enderezo electrónico reasgalicia@reasnet.com, achegando CV actualizado.
Ata o 7 de novembro de 2022.

TÉCNICA DE MARKETING TURÍSTICO E COMUNICACIÓN SOCIAL

A persoa contratada realizará labores de apoio ás actividades de REAS Galicia na área de márketing turístico e comunicación, en especial ao proxecto Camiño da ESS de visibilización da ESS.

FUNCIÓNS

Identificación de iniciativas da ESS que poidan ser referenciais e susceptibles de integrar unha ruta de visitas.
Intermediación para a incorporación destas entidades ao proxecto, prestándolles apoio.
Comunicación do proxecto: creación de contidos, apoio ás entidades na mellora da súa comunicación, márketing da ruta, etc.
Coorganización de encontros e formacións, prestando especial atención á comunicación dos mesmos.
Rede e traballo conxunto con outros profesionais e recursos, no eido da comunicación.

PERFIL

Titulación no eido do márketing turístico e da comunicación.
Experiencia en proxectos financiados con fondos públicos.
Experiencia en marketing, comunicación social, contidos dixitais, campañas e redes sociais.
Coñecemento e experiencia no ámbito do turismo.